O informe “El sistema de patentes 2013”, publicado pola Online Business School (OBS), analiza as tendencias dos diferentes tipos de solicitudes de patentes que se realizan en España, Europa e as principais economías mundiais.
O Sistema de Patentes Internacionais baseado no “Tratado de Cooperación en materia de Patentes” (PCT) mostra que as solicitudes de patentes manteñen unha tendencia á alza.
No tocante aos “sectores de tecnoloxía” a nivel internacional destaca o sector da Maquinaria e Aparatos Eléctricos, con 13.293 patentes, o que supón un 6,81% do total de rexistros PCT.
No ano 2012 o PCT está liderado por Suíza, China, Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Xapón, República de Corea, Países Baixos, Suecia e os Estados Unidos, que agrupan o 92,09% do total de solicitudes PCT no sector das tecnoloxías da Maquinaria e Aparatos Eléctricos, o 89,84% do sector da Comunicación Dixital, o 90,08% do sector da Tecnoloxía Informática, o 86,36% do sector da Tecnoloxía Médica e o 92,3% do sector das Tecnoloxías Audiovisuais.

No período 2008 – 2012 o Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e Telefónica, S.A. lideraron o volume de solicitudes PCT con orixe en España para o conxunto de sectores, identificándose un retroceso do 1% no último ano analizado, con 1.713 solicitudes.
A Universidade de Santiago de Compostela sitúase no posto número 6 do ranking estatal de patentes PCT cun total de 22 solicitudes no ano 2012, fronte ás 25 do ano anterior e as 11 do ano 2009.
Pode solicitarse o informe completo na seguinte ligazón:
http://www.obs-edu.com/noticias/2013/09/02/el-numero-de-patentes-mundiales-en-2012-fue-de-195-250-un-7-mas-que-en-2011/