O uso das TIC como ferramenta para o desenvolvemento e a inclusión social

Data: 
11/04/2013

A Fundación Telefónica considera que as TIC e, concretamente, as tecnoloxías móbiles, poden xerar usos sociais positivos para mellorar a calidade de vida dos colectivos máis desfavorecidos e apoiar a súa integración social. 

O libro "TIC, desenvolvemento e negocios inclusivos" afonda na necesidade de reducir as desigualdades territoriais e a fenda dixital, con especial atención aos países sudamericanos no ámbito das ICT4D (Information and Communication Technologies for Development).

Nun punto intermedio entre os intereses económicos e o beneficio social, os negocios inclusivos no sector TIC relacionados coa telefonía móbil poden repercutir dun xeito positivo noutros sectores relacionados coa actividade comercial, o ensino, a sanidade e a xestión dos recursos públicos. Con este obxectivo, a Fundación Telefónica achega diferentes iniciativas para favorecer a acción colectiva e a creación de novas oportunidades económicas nos territorios en vías de desenvolvemento.

Pode descargarse o estudo completo na seguinte ligazón.

Para ver o vídeo da presentación pública do estudo preme aquí.