O novo portal do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia incorpora un cadro de mando e permite a consulta interactiva de datos

captura da web, cadro de mando
Data
14/05/2025
  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia renova o deseño da web do OSIMGA e integra ferramentas de Bussines Intelligence para facilitar o acceso á información
  • Mellora a experiencia de navegación con máis menús, ventás de busca de información e contidos audiovisuais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de renovar o portal do Observatorio da Sociedade da  (OSIMGA). A nova versión de www.osimga.gal incorpora  novas ferramentas para facilitar a busca e consulta da información de datos sobre a dixitalización de Galicia.

Entre as principais novidades do portal destaca a incorporación dun cadro de mando, que emprega tecnoloxías de Business Intelligence para facilitar a consulta interactiva de datos. O cadro de mando permite aos usuarios elaborar gráficas e mapas personalizados coas desagregacións e rangos temporais que se escollan.

Ademais, o novo deseño mellora a experiencia de navegación e o acceso aos contidos audiovisuais, que se foron incrementando nos últimos anos, coa publicación periódica de  vídeos divulgativos. A nova estrutura do portal inclúe, tamén, resumos de todos os informes publicados con maquetacións máis dinámicas dos textos que acompañan as publicacións.

Datos destacados e nova estrutura da portada da web

A nova portada da web de OSIMGA conta cunha selección de datos actuais máis significativos, que permiten o acceso inmediato ás fontes de información de cada un destes indicadores. A previsualización dos últimos informes e noticias que se inclúen na portada da web permiten agora filtrarse por áreas.

Nesta nova versión da web, todas as páxinas incorporan un buscador que facilita o acceso aos contidos, aplicando filtros avanzados por etiquetas, páxinas da web, idiomas ou termos.

Cómpre lembrar que a web permite a descarga de todos os informes, cadros de indicadores e documentos en arquivos de formatos abertos para facilitar o seu uso e divulgación na sociedade.

Localización
Galicia
Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades