O goberno anuncia os plans específicos da Axenda Dixital para España

Data: 
18/07/2013

A páxina web da Axenda Dixital para España recolle os seguintes plans específicos que establecen os obxectivos europeos para os anos 2015 e 2020: 

  1. Telecomunicacións e redes ultrarrápidas
  2. TIC en PEMES e comercio electrónico
  3. Impulso da economía dixital e dos contidos dixitais
  4. Internacionalización de empresas tecnolóxicas
  5. Confianza no ámbito dixital
  6. Desenvolvemento e innovación do sector TIC
  7. Inclusión dixital e emprego

No segundo semestre de 2013 publicaranse dous novos plans no ámbito da administración electrónica, que recollerán as conclusións da Comisión de Reforma das Administracións Públicas.
Pode consultarse os Plans Específicos na seguinte ligazón:
http://www.agendadigital.gob.es/planes-actuaciones/Bibliotecaplanesconsolidados/Planes-Especificos-ADpE.pdf
Segue toda a actualidade da Axenda Dixital para España na nova web:
www.agendadigital.gob.es