O informe de Empresas TIC elaborado polo OSIMGA no ano 2012 achega datos actualizados sobre a formación nas empresas do sector en Galicia. Os principais resultados amosan un incremento nas accións formativas e, concretamente, na utilización do e-learning como método para a formación do persoal das empresas.
O 39,9% das empresas TIC galegas levou a cabo accións formativas en TIC no ano 2012, o que supón 8,2 puntos porcentuais máis que no ano 2010. Nelas, tres de cada catro traballadores, o 75,4%, recibiron formación específica en TIC.
Incrementouse en 4,7 puntos a porcentaxe de empresas TIC que utiliza o e-learning na formación do seu persoal, pasando dun 41,1% no 2010 a o 45,8% no ano 2012. Este feito demostra o progresivo interese pola utilización deste método didáctico, que facilita a aprendizaxe, a redución de custos e unha maior flexibilidade horaria.
As principais áreas de interese en formación TIC son: a administración de sistemas operativos (48,0%), redes e sistemas de telecomunicacións (46,9%) e seguridade informática e protección de datos (45,1%).
Poden consultarse os datos de formación na seguinte ligazón