O 34,2% das entidades locais incorporan solucións en formato cloud computing

Data: 
08/01/2013

O Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (INTECO) publica unha guía sobre as vantaxes do cloud computing para as entidades locais. O obxectivo desta primeira publicación do ano 2013 é abordar unha das solucións TIC para reducir os custos e mellorar a produtividade das administracións locais, nun contexto de dificultades económicas e recesión.

INTECO estima que as entidades locais son as administracións públicas que contan cunha maior presenza de servizos cloud computing (34,2%) en relación ás administracións autonómicas (28,7%) e á estatal (23,4%). Como principais beneficios do seu uso destacan o aforro económico e a mellora da produtividade, aplicados aos servizos de seguridade informática, dispoñibilidade de software, mensaxería instantánea e do e-learning entre outros servizos.

Pode consultarse a guía na seguinte ligazón