Mapa da cobertura 3G en España (2012)

Data: 
29/08/2013

A Comisión Nacional do Merado das Telecomunicacións (CMT) fixo público o seu informe anual correspondente a 2012, no que inclúen o mapa de cobertura 3G en España, tecnoloxía que mellorou moito en penetración en toda a xeografía española, chegando de media ao 97,9% da poboación, aínda que é especialmente rechamante que a provincia galego de Ourense conseguise quedar na segunda posición do Estado co 99,9% de cobertura, só por detrás de Palencia (100%). Estes datos contrastan co de Badaxoz, provincia que ten só un 78,7% de cobertura.
A evolución da cobertura 3G en España foi notable nos últimos anos, pasando duns modestos 90,3 e 91,4% dos anos 2008 e 2009 ata os 95,1, 94,8 e 97,9 de 2010, 2011 e 2012 respectivamente. O regulador considera como cobertura 3G á que asegura unha velocidade na transmisión de datos superior aos 300 Kbps.