O V Estudo Anual IAB Spain Mobile Marketing recolle a evolución dos indicadores sobre equipamento tecnolóxico e conectividade a través de dispositivos móbiles.
A Interactive Advertasing Bureau (IAB) informa do incremento na descarga de aplicacións (Apps) para dispositivos móbiles smarphone e Tablets no ano 2013.
Un 71% dos usuarios de smartphone enquisados utilizan Apps, fronte ao 41% do ano 2012. Entre os usuarios de Tablets duplicouse a porcentaxe de utilización das Apps, pasando do 31% de 2012 ao 62% de 2013. En torno ao 50% dos enquisados que utilizan os dous dispositivos móbiles afirman que descargan entre 1 e 10 aplicacións.
Os usuarios de dispositivos móbiles utilizan con maior frecuencia as aplicacións gratuítas, o 65% dos enquisados, fronte ao 35% que prefiren as aplicacións de pago.
Máis do 50% dos enquisados prefire aplicacións gratuítas ou a prezo reducido a cambio da inserción de publicidade.
Poden consultarse estes e outros indicadores na seguinte ligazón:
http://www.iabspain.net/wp-content/uploads/downloads/2013/09/V_Estudio_Mobile_Marketing_version_corta.pdf
Data:
27/09/2013