Incrementa un 15,1% o volume de facturación a través do comercio electrónico

Data: 
12/09/2013

O comercio electrónico en España acadou un volume de facturación de 2.822,6 millóns de euros nos primeiros tres meses do ano 2013, o que supón un incremento do 15,1% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior.
Este incremento é inferior ao rexistrado no mesmo período do ano 2012 (19,3%), 2011 (23,1%) e 2010 (34,8%). A seguinte gráfica mostra unha desaceleración do crecemento interanual pero seguen a lograrse máximos históricos no volume total de facturación.
 

 

O informe trimestral elaborado pola CMT tamén destaca un incremento interanual do 18,6% no número de transaccións realizadas, que acadou os 43,5 millóns de operacións.
A CMT afirma que incrementaron un 34,1% as operacións comerciais a través de Internet dende o estranxeiro con destino España, que supuxeron un volume de facturación de 463 millóns de euros e representa unha cota do 16,4% do total facturado no primeiro trimestre de 2013.
 

As axencias de viaxe e os operadores turísticos concentran o 13,8% da facturación total, seguida do transporte aéreo (11%).
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón:
http://www.cmt.es/informes-de-comercio-electronico?p_p_id=101_INSTANCE_4Kh2&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_101_INSTANCE_4Kh2_struts_action=%2fasset_publisher%2fview_content&_101_INSTANCE_4Kh2_urlTitle=130910_comercio_electronico_inf&_101_INSTANCE_4Kh2_type=content&redirect=%2finformes-de-comercio-electronico