A segunda edición do "Estudo sobre o uso das redes sociais nas PEMEs españolas", elaborado pola Fundación Banesto, confirma a progresiva incorporación das pequenas e medianas empresas ás novas canles de comunicación empresarial.
Máis da metade das PEMEs españolas (o 55,3%) utiliza as redes sociais como escaparate para facilitar información e ofrecer produtos propios aos seus clientes potenciais, un 11% máis que no ano 2011. Entre elas, destaca que o 65% dos perfiles de empresas en redes sociais actualízase, como mínimo, cunha frecuencia semanal.
A nivel territorial o informe estima que as provincias menos poboadas e con menor presenza de núcleos urbanos teñen unha menor densidade de perfiles nas redes sociais.
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón.