ICT for Social Challenges: Listaxe dos proxectos financiados pola Comisión Europea no ámbito das TIC

Data: 
17/04/2013

A Comisión Europea publica un catálogo que inclúe os proxectos TIC financiados nos seguintes sectores:
1. Igualdade e benestar
2. Eficiencia enerxética e recursos sostibles
3. Transportes e mobilidade
4. Servizos públicos e administracións
5. Seguridade
Esta relación, que recolle máis de 40 proxectos TIC, pode ser de interese para o sector de cara a vindeiras convocatorias europeas e como referencia para o desenvolvemento de novos produtos e servizos innovadores.
Pode consultarse o catálogo completo na seguinte ligazón.