Hosteltur recolle as 20 tendencias tecnolóxicas que transformarán o turismo

Data: 
06/11/2013

A revista Hosteltur faise eco das principais novidades tecnolóxicas vinculadas ao sector turístico, entre as que destaca a xeolocalización, o Big Data e a descarga de Apps para dispositivos móbiles.
 
Gráfica: Top 20 das aplicacións turísticas máis descargadas (en millóns). Fonte: Segitur.
 
Outros aspectos relacionados coa dotación de wi-fi gratuíto nos establecementos e o auto chech-in/chech-out manteñen aberto un debate sobre a súa funcionalidade.
A microsegmentación do mercado turístico, os produtos personalizados e as redes sociais procuran unha maior participación do viaxeiro na programación da súa viaxe.
A opinión e a experiencia doutros viaxeiros, a través dos foros e redes sociais, condiciona cada vez máis a toma de decisións por parte dos potenciais clientes.
Finalmente, Hosteltur achega unha relación de Starups ou empresas de nova creación vinculadas a proxectos cun elevado perfil creativo e innovador que están a impulsar o uso da tecnoloxía no sector turístico.
Pode consultarse a reportaxe na seguinte ligazón:
http://static.hosteltur.com/web/uploads/2013/10/REPORTAJE-Las_20_tendencias_tecnoloEgicas_que_transformaraEn_el_turismo.pdf