Galicia, unha das CCAA con maior presenza institucional nas redes sociais

Data: 
10/07/2013

A Fundación Orange publica, coa colaboración de Capgemini Consulting, un informe sobre o “Uso das redes sociais nas Comunidades Autónomas”, que analiza a presenza e o posicionamento das institucións autonómicas nas redes sociais.
 O uso das redes sociais como canle de comunicación institucional é un feito cada vez máis xeneralizado e favorece a transparencia e a comunicación coa cidadanía. A Fundación Orange estima que o 95% das Comunidades Autónomas teñen presenza, a través dun perfil institucional, nalgunha rede social.
 O perfil institucional da Xunta de Galicia está presente nas redes sociais máis utilizadas, como é o caso de Facebook ou Twitter entre outras que figuran na seguinte táboa:
 
 A día de hoxe, o perfil institucional da Xunta de Galicia conta con 6.786 seguidores no Facebook e 19.272 no Twitter, o que sitúa á nosa Comunidade nos primeiros postos do ranking autonómico segundo porcentaxe de seguidores institucionais e porcentaxe de seguidores en relación ao total de usuarios de Internet en Galicia nestas dúas redes sociais.
 
 Dende o mes de marzo de 2013, data de elaboración do informe, o número de seguidores nos dous perfiles institucionais da Xunta de Galicia incrementouse preto dun 20%.

 Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón:
http://www.proyectosfundacionorange.es/docs/Uso_RRSS_CCAA_2013.pdf