O Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da entidade pública Red.es, achega os datos correspondentes ao rexistro de dominios “.es” no primeiro semestre do ano 2013.
Red.es afirma que en xuño deste ano estaban rexistrados máis de 72.000 dominios “.es”, o que supón un incremento do 67,8% dende o ano 2009, cando contabilizaban 43.199 rexistros fronte aos 72.490 actuais.
Los dominios “.es” rexistrados en Galicia supoñen o 5% do total contabilizado no conxunto do Estado, que a finais de xuño de 2013 acadaba 1,4 millóns de rexistros.
Na análise provincial, Red.es destaca que A Coruña dispón dun maior volume de dominios “.es” activos, cun total de 37.926 rexistros (o 52,3% do total en Galicia). Séguenlle Pontevedra, con 23.032 dominios “.es” (o 31,8% del total); Lugo, con 6.512 (9%), e Ourense, con 5.020 (6,9%).
Coa aprobación do dominio “.gal” e doutros dominios territoriais anunciados pola ICANN ampliarase a oferta dispoñible para os usuarios e as empresas de Galicia. Estímase que no ano 2014 poidan comezar a rexistrarse os primeiros dominios “.gal”, que permitirán complementar o volume de rexistros a nivel estatal e internacional.
Fonte: http://www.dominios.es
Pode consultarse toda a información sobre o dominio “.gal” na seguinte ligazón: http://www.puntogal.org/
Data:
02/08/2013