e-Pyme 12: Análise sectorial de indicadores TIC nas empresas

Data: 
23/04/2013

O ONTSI elaborou conxuntamente con FUNDETEC o informe "e-Pyme 12: Análisis sectorial de la implantación de las TIC en la pyme española" en virtude do convenio entre ambas entidades.
O informe recolle en detalle e cunha perspectiva sectorial, información cuantitativa e cualitativa tanto de microempresas como de pemes e grandes compañías, relacionada coa infraestrutura e conectividade TIC, formación en TIC, acceso e uso das devanditas tecnoloxías, comercio electrónico, redes sociais, o crecente fenómeno da mobilidade ou o cloud computing e outras cuestións relacionadas co e-business en xeral. Os sectores analizados agrupan preto do 75% do total de empresas que conforman a economía española.
En Galicia existen 194.511 empresas (micro, pemes e grandes empresas), que supón o 6,1% do volume empresarial a nivel estatal, constituído maioritariamente por microempresas de 0 a 9 traballadores/as. 
As conclusións e recomendacións encaixan coas propostas recollidas na Axenda Dixital para España, dentro da área de actuación que pretende desenvolver a economía dixital para o crecemento, a competitividade e a internacionalización das empresas a nivel estatal e autonómico. As iniciativas propostas no informe e-Pyme 12 están orientadas a promover as accións de demostración, o financiamento da formación TIC, reactivar o crédito ás empresas, crear solucións tecnolóxicas específicas para cada sector de actividade, apostar pola tecnoloxía móbil e as redes sociais, fomentar o desenvolvemento de solucións cloud e reforzar o papel das asociacións sectoriais como difusoras de boas prácticas entre os seus asociados.
Pode consultarse o informe e-Pyme 12 na seguinte ligazón.