A competencia entre operadores móbiles dispara a portabilidade cara un novo record

Data: 
30/09/2013

A CMT informa dun incremento na competencia entre operadores de telefonía móbil, o que permitiu acadar o rexistro máis alto de portabilidades no que vai de ano.
No mes de xullo contabilizáronse 638.948 intercambios de compañía, o que supón un 47,9% máis que en xullo de 2012.
 
O número de liñas móbiles creceu por terceiro mes consecutivo, con 169.856 novas altas, concentradas unicamente nos contratos de postpago.
Pode consultarse a nota mensual na seguinte ligazón:
http://www.cmt.es/c/document_library/get_file?uuid=90a955ed-11c2-4e88-9d40-aa959ed62e59&groupId=10138