A Comisión pretende reforzar a interoperabilidade no ámbito sanitario europeo, no marco da Europe 2020 Strategy, a Digital Agenda for Europe e o European eHealth Interoperability Framework (EIF). Con esta finalidade presenta un estudo que recolle as principais achegas realizadas por diferentes mesas de traballo derivadas do proxecto Healthcare Interoperability Testing and Conformance Harmonization (HITCH).
http://hitch-project.eu/sites/www.hitch-project.eu/files/HITCH-Roadmap-V1.1.pdf
O estudo analiza a posibilidade de crear unha rede única que facilite a conexión interna do sistema sanitario europeo, dende o punto de vista técnico, semántico e organizativo.
Pode descargarse o estudo na seguinte ligazón:
http://bookshop.europa.eu/is-bin/INTERSHOP.enfinity/WFS/EU-Bookshop-Site/en_GB/-/EUR/ViewPublication-Start?PublicationKey=KK0113147