Data:
18/07/2013
A CMT destaca o cambio de tendencia na evolución das liñas móbiles no mercado das telecomunicacións a nivel estatal. Despois de dez meses consecutivos de descensos, a telefonía móbil suma 31.326 altas favorecida pola contratación de novas liñas de pospago e a portabilidade cara as OMV, que xa concentran unha cota de mercado do 11,1%.
A portabilidade móbil rexistrou o segundo mellor resultado anual, con 593.633 intercambios, o que supón un incremento do 80,3% en relación a maio de 2012.
Pode consultarse a nota mensual da CMT na seguinte ligazón:
http://www.cmt.es/c/document_library/get_file?uuid=465d62c0-287a-4d4e-9d31-dd824a21bb40&groupId=10138