As cidades intelixentes sitúanse no epicentro das iniciativas de eficiencia enerxética para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente

Data: 
05/06/2013

A plataforma de empresas TIC para a mellora da eficiencia enerxética (enerTIC), publica unha listaxe de empresas asociadas que ofrecen solucións en diferentes áreas tecnolóxicas, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento do potencial de transformación das TIC no ámbito da eficiencia enerxética no conxunto do Estado, en favor dunha economía máis competitiva e sostible acorde cos obxectivos da estratexia europea Energy 2020 no marco da Axenda Dixital para Europa.
http://www.enertic.org/guia_soluciones/_X7UA8kUiL6yfS1S-frCqKceUWteJ7MQ7
Por outra banda, cómpre destacar que a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e Telefónica afrontan o último mes  de prazo para aqueles interesados/as en participar na convocatoria do 3º Concurso de Aplicacións TIC Verdes, co obxectivo de descubrir enfoques e aplicacións TIC innovadoras para abordar as cuestións medioambientais globais nas cidades e nas zonas urbanas.
http://www.tsc.uniovi.es/catedra-telefonica/itu-green-ict-application-challenge/
En Galicia, o CDTIC acolle mañá a xornada “Redución de custos mediante a implantación de sistemas de xestión enerxética”, organizada pola empresa Cie Tecnologías. Nesta sesión os asistentes poderán coñecer ferramentas tecnolóxicas para a xestión enerxética dos seus centros de traballo.
Máis información na web do CDTIC:
http://cdtic.xunta.es