CENATIC analiza o impacto do software de fontes abertas no crecemento económico

Data: 
12/04/2013

 
O Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas CENATIC presenta un informe sobre o "Impacto da reutilización do software de fontes abertas na Economía" co obxectivo de estimar o aforro e os beneficios económicos desta tecnoloxía no contexto internacional.
O informe menciona o aforro logrado pola Xunta de Galicia grazas á utilización do software de fontes abertas (SFA), especialmente nos postos de traballo dos empregados públicos e no ámbito da educación pública de Galicia. Neste senso, CENATIC indica que o código aberto ten, como mínimo, un efecto económico inmediato favorecido polas prácticas de reutilización de código e de redución dos custos, así como unha mellora en termos da produtividade e da eficiencia nas administracións públicas e nas empresas.
Pode descargarse o informe na seguinte ligazón.