A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) recoñece que a falta de confianza en determinados servizos “cloud computing” constitúe o principal obstáculo para a contratación. A seguridade e as garantías da protección de datos “na nube” son factores condicionantes na toma de decisións dos usuarios, das empresas e das administracións públicas.
Por outra banda, a AEPD e as asociacións Adigital, Autocontrol e IAB Spain presentaron a primeira guía conxunta sobre o uso das cookies, que recolle as orientacións, garantías e obrigas para adaptar a instalación deste tipo de arquivos á lexislación vixente.
Poden consultarse as guías nas seguintes ligazóns:
1. Guía para clientes que contraten servizos Cloud Computing:
2. Orientacións para prestadores de servizos Cloud Computing:
3. Guía sobre o uso das cookies
Data:
02/05/2013