Buscador

O informe “Perfil sociodemográfico do Internauta 2013” estuda á poboación española en canto ao número de internautas, frecuencia de uso de Internet, tipo de actividades realizadas polos usuarios na Rede, así como a evolución destos indicadores nos últimos anos. Ademais recolle información sobre a intensidade de uso de Internet segundo certas características sociodemográficas dos españois.
Este ano inclúense un apartado onde se recollen datos sobre o uso de Internet móbil e a conectividad ubicua así como a distribución sociodemográfica da poboación internauta en mobilidade.

Tipo de contido: Novas

O Edificio Politécnico do Campus das Lagoas, en Ourense, acolleu esta tarde a presentación do Informe sobre a Situación Laboral das Enxeñarías en Informática, que retrata a realidade profesional tanto dos enxeñeiros coma dos enxeñeiros técnicos en Informática. Na presentación, que tivo lugar diante dun nutrido número de estudantes, o presidente do CPEIG destacou a alta empregabilidade dos enxeñeiros, cun 91,77 por cento traballando.

Tipo de contido: Novas

A Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia é unha guía elaborada pola AMTEGA co obxectivo de servir de referencia á hora de resolver as dúbidas en materia de propiedade intelectual relacionadas coas publicacións da Xunta de Galicia á hora de realizar a elección de licenzas libres e formatos abertos.

Tipo de contido: Novas

A Unión Europea ven de presentar un cadro de mando co obxeticvo de resaltar o enorme potencial que teñen as institucións europeas no mundo dos MOOCs (Cursos en liña Masivos e Abertos) e axudar a visualizar ese potencial recompilando os cursos dispoñibles en distintos portais abertos. Os MOOCs europeos son os ofrecidos por institucións europeas, con independencia da plataforma que lles dea soporte. Segundo o informe, o mundo dos MOOCs é dinámico e a súa importancia crece.
Do exame dos datos dos cursos publicados, pódense salientar os seguintes titulares:

Tipo de contido: Novas

Tres de cada catro empresas de Galicia con 10 ou máis asalariados emprega software libre, 3,4 puntos por riba da media estatal, o que sitúa a Galicia no primeiro posto das Comunidades Autónomas neste ránking. No caso das  microempresas a porcentaxe sitúase nun 44,3%.

Tipo de contido: Novas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a súa nova web, amtega.xunta.es, inspirada na cidadanía, con novas funcionalidades, máis contidos e cunha navegación máis intuitiva.
O novo portal da Amtega, cun deseño máis atractivo e innovador, maior usabilidade e interactividade, mantén o seu obxectivo de ser a canle de referencia para a comunicación, divulgación e promoción das diversas actividades que se realizan desde a Xunta de Galicia en materia de sociedade da información.
Nova organización de contidos

Tipo de contido: Novas

A Xunta de Galicia leva mobilizado no período 2009-2013 un investimento de preto de 1.100 millóns nas actuacións definidas na Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, para consolidar a modernización tecnolóxica da Administración e dos servizos públicos,  a inclusión e capacitación dixital da poboación,  o impulso do hipersector TIC como elemento tractor dos restantes sectores produtivos e o despregamento de infraestruturas de telecomunicación na Comunidade.

Tipo de contido: Novas

O traballador autónomo galego responde a un perfil masculino, cunha idade entre 40 e 54 anos, dedicado fundamentalmente ao sector servizos (57,8%), aínda que cun peso importante da agricultura (25,8%). Non obstante, destaca a elevada porcentaxe de mulleres autónomas en Galicia (43,2%), 9,3 puntos por riba da media que se rexistra a nivel estatal)

Tipo de contido: Novas

A actitude dos internautas é paradica: case tres de cada catro asegura que se nega a sacrificar a súa privacidade a cambio de maiores beneficios en internet, pero a realidade é que non protexen suficientemente os seus datos. Así se recolle no estudo a nivel mundial, publicado pola multinacional tecnolóxica EMC, con opinións sobre privacidade en internet de 15.000 cibernautas de quince países.

Tipo de contido: Novas

A Organización Mundial da Saúde e a Unión Internacional de Telecomunicacións veñen de publicar un informe para axudar a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento  do Milenio (ODM) catro e cinco sobre a diminución da mortalidade materna infantil para o ano 2015. O informe é o resultado da primeira enquisa enfocada no impacto da eSaúde na saúde materno infantil.

Tipo de contido: Novas