Buscador

Santiago, 3 de setembro de 2012- O 58,3% dos fogares galegos ten contratada conexión a Internet, o que supón un incremento do 19,2% desde principios do ano 2010. Este indicador creceu en Galicia o dobre que no conxunto do Estado, reducindo en 4,6 puntos a fenda dixital respecto da media estatal.

En canto ao tipo de conexión o 55,9% dos fogares galegos conéctase a Internet mediante banda larga, un 20,2 máis que en 2010. Ao igual que no caso anterior o crecemento deste indicador na Comunidade duplica a media estatal. 

Tipo de contido: Novas

O Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (INTECO) publica o “Estudo sobre seguridad de la información y continuidad de negocio en las pymes españolas” (2012).

INTECO estima que 1 de cada 4 pequenas e medianas empresas do Estado (o 26,1%) experimentou no último ano un incidente de seguridade da información. As incidencias máis habituais están asociadas ao malware (14,7%) e o correo electrónico non desexado ou spam (11,9%). No caso dos dispositivos móbiles, están relacionadas coa perda ou roubo do terminal (co 7,2% e 7,1% respectivamente).

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional del Software de Fuentes Abiertas - CENATIC achega os resultados correspondentes aos anos 2011 e 2012 sobre o uso de software de código aberto nas empresas españolas con máis de 10 asalariados.

Tipo de contido: Novas

Santiago, 3 de outubro de 2012.-  Os últimos datos  proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2012 indican que conexión a Internet está presente no 63% dos fogares galegos, un 18,2% que en 2011. Deste xeito Galicia acurta distancias coa media estatal que está no 67,9%.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional del Software de Fuentes Abiertas - CENATIC achega os resultados correspondentes ao ano 2011 sobre o uso de software de código aberto nas microempresas españolas.

Tipo de contido: Novas

A CMT destaca que o mercado da telefonía móbil en España aumentou en 28.651 liñas, despois de cinco meses consecutivos de perdas. A caída de liñas de prepago e de datacards compensouse neste mes coa contratación de 121.811 novas liñas de postpago. Dende o inicio do ano 2012 a CMT estima a perda dun total de 1,08 millóns de liñas móbiles. Seguindo esta tendencia negativa do primeiro semestre do ano, a telefonía fixa acumula unha perda  de 290.000 liñas neste período.

Tipo de contido: Novas

Meteogalicia e o Centro de Supercomputación de Galicia avanzan na mellora e consolidación do proxecto MeteoSIX. Solicitan a participación dos grupos de investigación e das empresas usuarias deste servizo meteorolóxico para realizar esta enquisa.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) achega neste mes de outubro a actulización dos “Indicadores Destacados da Sociedade da Información en España”. O informe ofrece valores dos indicadores do sector TIC, destacando a súa evolución e comparación cos indicadores da Unión Europea no marco da Axenda Dixital 2020.

Tipo de contido: Novas

The Organisation for Economic Cooperation and Development (OECD) estableceu a finais do ano 2011 unha clasificación dos principais mercados de banda larga a nivel mundial.

Este organismo internacional sitúa a España no posto número 5 do ranking de contratación de liñas de banda larga móbil, contabilizando un total de 30.254.282 de contratos en decembro de 2011. Esta cifra veuse superada unicamente polo Reino Unido, Korea, Xapón e os Estados Unidos. Este último mercado ocupa o primeiro posto da clasificación, con máis de 235 millóns de contratos.

Tipo de contido: Novas

INTECO achega o “Estudo sobre a seguridade da información e a e-confianza dos fogares españois”  correspondente aos primeiros catro meses de 2012.

O estudo achega os resultados da enquisa realizada a usuarios de Internet nos fogares dende xaneiro a abril de 2012. Como principais medidas de seguridade dos usuarios destaca o uso de programas antivirus (90,7%), as contrasinais (77,5%) e devasa no 76,6% dos casos.

Tipo de contido: Novas