Buscador

O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da información (ONTSI) publicou recentemente o informe "Los ciudadanos ante la e-Sanidad" no que se pretende coñecer as opinións, actitudes e usos dos cidadáns en relación á aplicación das TIC no ámbito sanitario e determinar os patróns de percepción e utilización actuais da poboación española a este respecto.

Tipo de contido: Novas

“Study on Impact assessment for legislation on mutual recognition and acceptance of e-Identification and e-Authentication across borders” achega unha análise das cuestións regulamentarias, institucionais, organizativas e tecnolóxicas relacionadas co desenvolvmento da interoperabilidade transfronteiriza no relativo á identificación electrónica “eID”. Así mesmo, avalía o impacto das políticas de identificación no desenvolvemento do mercado único dixital e do acceso aos servizos públicos no conxunto da Unión Europea.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Orange acaba de presentar o estudo sobre o progreso dos servizos públicos dispoñibles online nas comunidades autónomas do Estado, un estudo que foi elaborado  seguindo os principios xerais definidos pola Comisión Europea no ámbito da Administración Electrónica.

Tipo de contido: Novas

The Broadband Commission for Digital Development presenta o seu primeiro estudo internacional sobre o nivel de penetración e o impacto económico/social da banda larga, titulado “The state of broadband 2012: Achieving digital inclusion for all”.

Tipo de contido: Novas

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) ven de publicar o informe anual da penetración de servizos finais e infraestruturas de telecomunicacións, un informe que presenta os datos ademais por provincias e CCAA referidos a telefonía fixa, telefonía móbil de contrato, e banda larga, diferenciando neste caso as tecnoloxías utilizadas, par de cobre ou fibra óptica.

Tipo de contido: Novas

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en colaboración cos Centros Tecnolóxicos AIMEN, CATIM e AIMMAP abre ás pequenas e medianas empresas de Galicia e o Norte de Portugal a plataforma de computación científico-técnica de alta capacidade CLOUDPYME. Este CLOUD, baseado en tecnoloxías de última xeración, está a ser desenvolvido dentro do proxecto CLOUDPYME para satisfacer as necesidades computacionais das empresas da Eurorrexión para o desenvolvemento dos seus produtos.

Tipo de contido: Novas

O informe de e-confianza elaborado por INTECO confirma que un 58,4% usuarios de Internet enquisados nos fogares perciben situacións fraudulentas, principalmente a través de mensaxes que incitan a realizar operacións comerciais e bancarias. Os usuarios identifican as situacións de intento (non consumado) de fraude máis frecuentes na recepción de correos electrónicos con enlaces a páxinas web sospeitosas (43,3%) ou de promoción de servizos non solicitados (32,7%).

Tipo de contido: Novas

O prazo de presentación de candidaturas á V edición do Premio ao mellor proxecto de fin de carreira con Software Libre, organizado pola AMTEGA, aínda está aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2012.
A el poden presentarse todos os proxectos de fin de carreira que presentados no Sistema Universitario Galego en calquera das convocatorias de defensa de proxectos nos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012, incluídos polo tanto os da recente convocatoria de Setembro de 2012. Os requisitos que deben cumprir os proxectos para seren admitidos ao premio son:

Tipo de contido: Novas

O Libro Branco do comercio electrónico é unha publicación coordinada por Adigital no marco do programa ¿Vendes en Internet?. Impulsada por Red.es, esta guía práctica de comercio electrónico para pemes defende os beneficios da actividade comercial na Internet, como vía de desenvolvemento empresarial e como oportunidade de negocio.
 

Tipo de contido: Novas

Santiago, 30 de setembro de 2012.- No que vai de ano o número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 1.976 e experimentou un crecemento dun 4,2% respecto a 2011. Isto sitúa a Galicia como a sexta Comunidade Autónoma con maior número de empresas do sector TIC e supera o ritmo de crecemento do número de empresas tecnolóxicas a nivel estatal (3,2%)

Tipo de contido: Novas