Buscador

O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) fixo público onte o informe “La sociedad en red. Edición 2012” co obxectivo de dar a coñecer un conxunto de datos sobre a Sociedade da Información no ano 2011 no mundo, Europa e España, desglosando nalgúns casos os datos, por fogares, empresas e comunidades autónomas. Co documento, que se elabora dende hai 5 anos, trátase ofrecer unha serie de datos contrastados e harmonizados no contexto internacional para dispor de métricas comparativas cos países do noso contorno.

Tipo de contido: Novas

A nota informativa elaborada pola CMT correspondente ao mes de xuño de 2012 confirma que a telefonía móbil perdou 238.428 liñas neste mes. Este feito supón o quinto mes consecutivo de retrocesos, que acumula un total de 1.112.308 liñas menos dende decembro de 2011. Por primeira vez, rexístrase unha caída interanual de liñas móbiles, que acada o -0,9%.

Tipo de contido: Novas

IAB España, unha asociación que representa a industria da publicidade, marketing e comunicación dixital en España, presentou o documento completo referido ao 2011 onde destaca que as ligazóns patrocinadas en buscadores seguen a ser o formato en que máis usado e responsable do 46% do investimento total. En segundo lugar, con 33,6% do investimento, estivo o formato display, e finalmente, co 19,3% os anuncios clasificados e directorios.

Tipo de contido: Novas

A enquisa á poboación sobre a Sociedade da Información en Galicia, elaborada polo OSIMGA durante o ano 2011, facilita os  datos sobre a utilización do ordenador e Internet no traballo.

As actividades informáticas máis desenvolvidas no exercicio profesional son a consulta de operacións varias en Internet (72,8%), a utilización de aplicacións informáticas (67%) e o uso de programas informáticos específicos (65,6%).

Tipo de contido: Novas

A Fundación Orange presentou hai uns días o seu informe eEspaña 2012 sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información no noso país, observando que con 58 puntos, repítese a posición decimosétima no ranking europeo, e supera á media europea en máis do 40% dos indicadores da Axenda Dixital, que foi tida en conta cando na hora de incorporar algunhas variables. No estudo veñen todos os países da Unión Europea e Noruega, por mor da importancia do país nórdico no mundo da tecnoloxía.

Tipo de contido: Novas

A nova edición do “Estudo sobre bulos e fraudes na Internet”, elaborado pola Asociación de Internautas, analiza a experiencia e coñecemento dos internautas acerca dos bulos e outros fraudes, na procura de informar aos usuarios e mellorar a seguridade dos datos persoais.

Tipo de contido: Novas

Ven de publicarse na colección de Estudos rexionais e Análise económica de "la Caixa", un ano máis, unha nova edición do "Anuario de Economía de España", unha compilación estatística económica, comercial e demográfica, de caracter municipal.

Tipo de contido: Novas

No equipamento electrónico dos fogares galegos destaca pola súa universalización o teléfono móbil, aparello que posúe un 90,5% da poboación, co matiz importante de que a dotación de teléfono móbil supera á de telefono fixo en 14,5 puntos porcentuais. Outros aparellos electrónicos como o DVD ou a cámara de fotos dixital son tamén moi frecuentes nos fogares galegos. Pola contra, o sistema domótico e o fax son os equipamentos menos usuais.

Tipo de contido: Novas

O zanox Mobile Performance Barometer recompila datos de 1.000 programas de anunciantes da rede zanox en Alemaña, Italia, Francia, España, Benelux, Escandinavia e Polonia. Un estudo recentemente publicado fai un exame sobre o uso dispositivos móbiles para as reservas de vacacións: voos, hoteis ou aluguer de coches.

Tipo de contido: Novas

A Libre Software World Conference 2012 está concibida como un evento aberto e como fonte de solucións diversas, pero concretas e resolutivas aplicadas a distintos sectores, empresas, institucións e individuos encontrarán nestes dous días de intercambio de coñecemento e experiencias proxectos, avances, casos concretos e foros de discusión creados especialmente para eles sobre a base tecnolóxica máis eficiente do software libre.

Tipo de contido: Novas