Buscador

O Observatorio Nacional del Software de Fuentes Abiertas - CENATIC achega os resultados correspondentes aos anos 2011 e 2012 sobre o uso de software de código aberto nas empresas españolas con máis de 10 asalariados.

Tipo de contido: Novas

A Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones (CMT) estima que durante o ano 2011 as compras realizadas por Internet mediante tarxeta de crédito ascenderon a 9.201 millóns de euros. O crecemento interanual en relación ao 2010 situouse no 25,7% e no 60% en relación ao 2009, o que confirma a evolución positiva do volume de negocio xerado a través do comercio electrónico a pesar da recesión económica.  

Tipo de contido: Novas

O Informe Económico e Sectorial publicado pola CMT estima que a facturación do sector das telecomunicacións no conxunto do Estado acadou os 37.950 millóns de euros durante o ano 2011, un 4,6% menos que no exercicio anterior. Este dato contrasta co aumento nun 23,5% dos ingresos derivados dos servizos de banda larga móbil, que facturou 2.420 millóns de euros no 2011, cun total de 19,3 millóns de liñas (41,8 liñas por cada 100 habitantes).

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional del Software de Fuentes Abiertas - CENATIC achega os resultados correspondentes ao ano 2011 sobre o uso de software de código aberto nas microempresas españolas.

Tipo de contido: Novas

O INE achega os principais resultados do estudo sobre os indicadores do sector TIC do ano 2010, conformado polas industrias manufactureiras e de servizos que teñen como actividade principal o desenvolvemento, produción, comercialización e uso intensivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Os datos económicos do sector TIC para o ano 2010 facilitados polo INE indican que o número de empresas incrementouse nun 3,3% dende 2009, o que supón 1.373 entidades máis durante este período. A cifra de negocios reduciuse un 0,7%, situándose no 2010 en 91.427 millóns de euros.

Tipo de contido: Novas

Meteogalicia e o Centro de Supercomputación de Galicia avanzan na mellora e consolidación do proxecto MeteoSIX. Solicitan a participación dos grupos de investigación e das empresas usuarias deste servizo meteorolóxico para realizar esta enquisa.

Tipo de contido: Novas

O estudo elaborado por infoempleo.com, coa colaboración de Adecco, recoñece que un 80% dos responsables de selección entrevistados consultou nalgunha ocasión a actividade dos candidatos nas redes sociais, pero só o 14% afirma que tivera en conta esa información para escoller finalmente ao seu empregado. Neste senso, un 20% das compañías enquisadas recoñece destinar parte do seu orzamento ao recrutamento a través das redes sociais.

Tipo de contido: Novas

The Organisation for Economic Cooperation and Development (OECD) estableceu a finais do ano 2011 unha clasificación dos principais mercados de banda larga a nivel mundial.

Este organismo internacional sitúa a España no posto número 5 do ranking de contratación de liñas de banda larga móbil, contabilizando un total de 30.254.282 de contratos en decembro de 2011. Esta cifra veuse superada unicamente polo Reino Unido, Korea, Xapón e os Estados Unidos. Este último mercado ocupa o primeiro posto da clasificación, con máis de 235 millóns de contratos.

Tipo de contido: Novas

O sector de tecnoloxías da información (TI) reduciu a súa facturación un 2,1% en 2011, até alcanzar un volume de 17.725 millóns de euros, fronte a lixeira recuperación que se produciu en 2010 e volvendo así aos niveis de 2007, segundo desvélase dos datos presentados pola Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (Ametic).

Tipo de contido: Novas

Os resultados do “Estudo sobre seguridade en dispositivos móbiles e smartphones” publicado por INTECO confirman que un 98,4% dos enquisados dispoñen dun teléfono móbil, dos cales un 56,2% é propietario dun smarphone. O nivel de penetración de Internet vía móbil sitúase no 71,6% e a dispoñibilidade de conexión wifi no 65,5%. Este feito motiva a realización dunha análise dos riscos e da seguridade dos usuarios de telefonía móbil fronte ás incidencias e ao fraude na Internet.

Tipo de contido: Novas