O 90% dos internautas utiliza as redes sociais

Data: 
28/12/2011

ine
11.9999

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

Segundo este estudo, elaborado polo Observatorio da Seguridade da Información do INTECO, só un 10,5% dos internautas españois ten configurado o seu perfil de forma totalmente aberta, permitindo que a súa información persoal sexa vista por calquera outro usuario da rede social. En 2008, este mesmo indicador era do 43%, o que permite pór en valor a evolución positiva nestes anos.
Un 5,6% de usuarios declara ser vítima de suplantación de identidade no segundo cuadrimestre de 2011.
 
Incidencias de seguridade
Entre as incidencias de seguridade recollidas por INTECO en fogares do conxunto de España, aínda máis frecuente é o aloxamento de código malicioso nos computadores domésticos.
Segundo os datos obtidos en agosto de 2011 polas auditorías remotas de seguridade realizadas nos equipos, 1 de cada 3 computadores domésticos contiña algún tipo de malware activo de risco alto, sendo os 'cabalos de Troia' a categoría máis frecuente (47,4%) que aloxan. Este tipo de malware, entre outras cousas, permite obter información sensible dos usuarios (contrasinais, datos bancarios, etc.) que logo é explotada economicamente. Por iso os esforzos dos atacantes van dirixidos a diseminar este tipo de código malicioso, sendo as redes sociais, o correo electrónico e as redes de intercambio de arquivos (P2P) os seus principais escenarios.
 
Uso de ferramentas de seguridade
A ferramenta máis utilizada na actualidade é o antivirus, cun 92,2% de adopción declarada. A actualización dos antivirus (79,2%) e do sistema operativo (76,5%) seguidos da instalación de devasa (76,2%) son as medidas máis utilizadas.
Nesta 16ª vaga do Estudo introduciuse no cuestionario a análise de novas ferramentas. O obxectivo é debuxar de maneira precisa o estado de seguridade dos equipos domésticos nos fogares panelizados. Así, un 47,5% dos usuarios di utilizar programas de bloqueo de banners ou publicidade online, plugins para o navegador, que detectan e evitan que se mostre a publicidade das páxinas web.
En ocasións, un baixo ou moderado nivel de uso actual vese compensado cunha elevada intención de incorporación a curto prazo. Por exemplo, ademais do 35,4% que xa os usa, un 27,5% dos usuarios con fillos menores que se conectan a Internet ten previsto utilizar programas de control parental no próximos tres meses.
 
Fogares con menores que se conectan a Internet
No 27,7% dos fogares participantes no Estudo vive un menor de até 16 anos que utiliza Internet. O 8,7% dos pais enquisados indican que os seus fillos foron obxecto de burlas, insultos ou ameazas a través de Internet, o que se denomina ciberbullying ou acoso entre iguais a través de medios tecnolóxicos. Na súa vertente activa (neste caso, é o menor quen leva a cabo o acoso a outro neno) a porcentaxe chega ao 4,6%. 
Outro risco ao que se enfrontan os menores é o acceso a contidos de carácter inapropiado para a idade do menor. Xa sexan contidos violentos (8%) ou lesivos para a saúde (relacionados coa anorexia e a bulimia, por exemplo, declarado por un 4,5% dos panelistas), trátase de contidos que poden non estar adaptados á madurez do menor.
 
A e-confianza dos fogares e o papel da Administración
Ao 52% dos usuarios enquisados, Internet ofrécelles moita ou bastante confianza, mentres que apenas a un 7,7% de cidadáns expresa ter pouca confianza cara a Internet, e un 1,1% di non ter ningunha confianza.
En xeral, a preocupación pola seguridade non limita a utilización de novos servizos. Para o 42,5% dos cidadáns participantes nesta sondaxe de opinión de INTECO realizado entre nos meses de maio a agosto de 2011, a seguridade é un factor que supón unha limitación media, e para o 24,6% constitúe unha limitación baixa.
No entanto, aos internautas españois séguelles inspirando máis confianza operar no seu banco de maneira persoal (até un 63,1%) que facelo online (41,7%) ou a través do caixeiro automático (51,8%).
En opinión dos fogares internautas, despois dos propios usuarios “un 73,6% afirma que a propagación de ameazas a través de Internet débese á pouca cautela dos usuarios” a responsabilidade da seguridade de Internet recae sobre todo na Administración (26,1%), por riba de provedores de servizos (23,5%) ou os fabricantes de seguridade (14,5%).
Así, neste segundo cuadrimestre de 2011, un 84,5% móstrase está de acordo con que a Administración debe implicarse para mellorar a seguridade.
As demandas que os internautas teñen cara á Administración son claras: un 30,5% de cidadáns pídelle á Administración desenvolver e ofrecer ferramentas de seguridade gratuítas. Ademais de ferramentas, os cidadáns piden ao sector público “vixiar máis perto o que está a ocorrer na Rede” (16,9%) e actualizar a lexislación para contemplar os novos delitos que ocorren en Internet (14,3%).
O Estudo sobre a seguridade da Información e a e-confianza dos fogares españois realízase a partir dunha metodoloxía baseada no panel en liña dedicado. Na actualidade o panel está composto por máis de 3.500 fogares con conexión a Internet repartidos por todo o territorio do Estado.


'Estudio sobre la seguridad de la información y la e-confianza de los hogares españoles, 2º cuatrimestre de 2011 (16ª oleada)'