Pavillón Español do CeBIT 2011

Datas: 
venres, 19 Novembro, 2010 - 12:10

AETIC, coa colaboración do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI) serán os encargados de articular a participación de España en CeBIT 2011. Do 1 ao 5 de marzo celebrarase CeBIT, a feira internacional do sector TIC con maior repercusión no mundo. Esta cita anual desenvólvese en Hannover, Alemaña e na súa edición 2010 participaron 4.157 compañías expositoras de 68 países e recibiu aproximadamente 334.000 visitantes de 83 países.
O pavillón español estará distribuído en diferentes halls da feira para adecuarse ás necesidades das empresas, sempre que se conte cun mínimo de 50 metros cadrados de espazo ou ben 4 empresas expositoras.
 

Localización: 
Hannover (Alemania)