Buscador

SAGE publica os resultados dunha enquisa realizada a empresas e autónomos sobre o uso das TIC a nivel estatal no ano 2012.
A “Radiografía Pymes y Autónomos 2013” destaca as vantaxes da incorporación das TIC para as empresas e os autónomos, tanto na xestión interna como nas relacións cos clientes e provedores.

Tipo de contido: Novas

A CMT publica o informe sobre o consumo e gastos dos fogares nos servizos de comunicacións electrónicas, correspondente ao segundo semestre de 2012.
En consonancia co informe presentado recentemente polo OSIMGA, titulado “A Sociedade da Información nos fogares galegos”, confírmase que a idade e o tipo de hábitat tamén condicionan o nivel de penetración dos servizos de comunicación electrónicas nos fogares no ámbito estatal.

Tipo de contido: Novas

O ICANN, o organismo internacional que goberna as direccións en Internet, informaba o pasado venres da aprobación da candidatura do dominio “.gal”, un logro histórico para Galicia, que contará cun espazo propio na rede, favorecendo a divulgación da lingua e a cultura galegas.

Tipo de contido: Novas

Adecco Profesional e Infoempleo publican a cuarta edición do “Informe Carreiras con máis saídas profesionais” correspondente ao ano 2012. 
O informe destaca que as enxeñarías vinculadas co ámbito das TIC manteñen a súa escala ascendente nos últimos sete anos, incrementando preto de 10 puntos porcentuais a demanda de profesionais do sector TIC por parte do mercado laboral. Neste período, pasouse do 4,75% ao 13,4% das ofertas de emprego para titulados universitarios.

Tipo de contido: Novas

A asemblea plenaria da Digital Agenda for Europe do ano 2013 ten lugar hoxe, día 20, en Dublin. O obxectivo principal do programa é o ciclo de vida dixital cunha énfase en habilidades dixitais, espírito empresarial e crecemento. Ademais os talleres centraranse en habilidades de ICT e traballos, servizos públicos para o cidadán, tecnoloxía e innovación investigadora, seguranza e confianza, espírito empresarial e o mercado dixital.

Tipo de contido: Novas

O Instituto Nacional de Estadística (INE) achega as principais variables do sector TIC a nivel estatal.
No ano 2011 incrementou nun 1,9% o número de empresas do sector TIC e nun 0,8% o seu número de traballadores/as ocupados, pero o volume de negocio reduciuse un 3,3% en relación ao ano anterior, ao acadarse os 88.395,2 millóns de euros fronte aos 91.427 millóns do exercicio anterior.

Tipo de contido: Novas

O Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) analizou esta mañá o Plan TransformaTIC, unha iniciativa que aliña os instrumentos e medios cos que conta a Administración autonómica nunha estratexia única para o sector tecnolóxico en Galicia, que impulse o seu crecemento e a súa competitividade.

Tipo de contido: Novas

ONTSI achega os principais indicadores incluídos na Axenda Dixital para España, con datos das fontes oficiais máis relevantes ata xuño de 2013.
O informe ofrece os valores a nivel estatal e tamén europeo, o que permite realizar un seguimento comparativo entre ambos os dous no marco da Axenda Dixital para Europa.
Pode consultarse o dossier na seguinte ligazón:
http://www.ontsi.red.es/ontsi/sites/default/files/indicadores_agenda_espana_junio_2013.pdf
 
 

Tipo de contido: Novas

As microempresas galegas experimentaron no último ano un incremento global nos indicadores do uso das TIC que as fan converxer, por primeira vez, coa media estatal na dispoñibilidade de ordenador, conexión a Internet e páxina web. O 64,9% das microempresas galegas dispón de acceso a Internet situando a Galicia no sétimo posto no ranking de CCAA fronte ao 16 da enquisa anterior e a menos de 1 punto da media estatal.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Orange publica unha nova edición do Informe eEspaña, con datos recollidos ao longo do ano 2012 a partir do INE e Eurostat.
Pode verse o acto de presentación do informe eEspaña 2013 no seguinte vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=GNT4KBKa14w&feature=youtu.be

Tipo de contido: Novas