Buscador
Política de accesibilidade
O portal do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.
O Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia é un conxunto de indicadores estatísticos que permite facer seguimento, dun xeito sintético, rigoroso e transparente, da evolución da sociedade da información en Galicia, ofrecendo unha visión de conxunto da situación e do seu grao de avance.Este modelo de indicadores se enmarca no Plan galego de estatística 2017-2021 e toma como referencia as recomendacións establecidas no código de boas prácticas das estatísticas europeas.O sistema de indicadores ofrece información referente ao nivel de equipamento e utilización de produtos e
O Osimga é o instrumento para analizar e avaliar o estado de desenvolvemento da sociedade da información en Galicia, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia.O Osimga foi creado por Decreto 21/2010 do 4 de febreiro de 2010 e modificado polo Decreto 57/2013 do 11 de abril, publicado no Diario Oficial de Galicia do 12 de abril do 2013.
O Decreto 21/2010 do 4 de febreiro de 2010 atribúelle ao Observatorio entre as súas funcións a de desenvolver ou promover estudos e análises de datos que permitan coñecer o nivel de desenvolvemento, a tendencia e as posibles problemáticas que poden afectar á extensión da sociedade da información en Galicia e a aplicación do modelo de eGoberno nas Administracións públicas galegas.
O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) ten entre as súas funcións:
A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), é a promotora do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga).
A Amtega é o órgano superior da Administración autonómica que ostenta a función do impulso, o asesoramento técnico e o apoio en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), así como a súa aplicación para a modernización e o fomento da innovación de Galicia en cuestións de desenvolvemento tecnolóxico.