Buscador

Publicada a radiografía Tuenti Móvil – IPSOS sobre hábitos de uso e conexión a Internet dende o móbil por parte dos usuarios de 16 a 35 anos de idade.
O 94% dos enquisados dispón de teléfono móbil. Un 84% conéctase a Internet dende o móbil, dos cales preto da metade (o 47%) ten contratado un plan de datos para realizar a conexión.

Tipo de contido: Novas

O estudo titulado “The connected future for SMEs” (O futuro conectado das PEMES), realizado entre máis de 1.700 pequenas e medianas empresas de seis países europeos, incluída España, destaca a confianza no investimento en TIC para a mellora da produtividade e a competitividade empresarial.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) achega unha análise sectorial do nivel de implantación das TIC nas empresas galegas de aloxamento turístico (CNAE 55), que agrupa hoteis, pensións, campamentos de turismo e demais tipoloxías de aloxamento de curta estancia.

Tipo de contido: Novas

O día da Protección de Datos en Europa é unha xornada impulsada pola Comisión Europea, o Consello de Europa e as autoridades de Protección de Datos dos estados membros da Unión Europea, co obxectivo de promover o coñecemento entre os cidadáns sobre os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

Tipo de contido: Novas

IAB Spain (Interactive Advertising Bureau) publica un documento elaborado polas 16 comisións de traballo da asociación titulado “Top Tendencias 2014”.
Entre os principais datos sobre publicidade, negocio e marketing dixital que achega o informe destaca que o incremento do comercio electrónico no sector da moda e, especialmente, o comercio a través das redes sociais.

Tipo de contido: Novas

Microsoft, demosEuropa e o Instituto de Estudos Económicos de Varsovia (Warsaw Institute for Economic Studies) publican o estudo titulado “Big and Open Data in Europe: A growth Engine or a missed opportunity?”.
A apertura dos grandes datos e a súa reutilización por parte das administracións públicas, as empresas, os cidadáns e os centros de investigación poden repercutir dun xeito positivo na recuperación da economía europea no horizonte 2020.

Tipo de contido: Novas

A Comisión Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE-TIC) publica unha nova edición do informe UNIVERSITIC, que analiza o nivel de implantación das tecnoloxías da información e a comunicación nunha mostra de 63 universidades do conxunto do Estado (44 de carácter público e 19 privado).

Tipo de contido: Novas

O portal institucional Dominios.es informa da evolución dos dominios “.es” asignados baixo o código España e xestionados pola entidade pública Red.es
A finais do ano 2013 acadáronse 1.696.538 de rexistros “.es”, un 5,1% máis que o ano anterior, a pesar do descenso global noutros dominios agás o “.cat”.
No conxunto do Estado existen 3.474.272 dominios web rexistrados, dos cales preto do 50% corresponden aos “.es”.

Tipo de contido: Novas

O boletín informativo do Instituto Nacional de Estadística (INE) resume os principias indicadores do comercio electrónico en España e na Unión Europea.
INE destaca o aumento no uso do comercio electrónico por parte da poboación e das empresas españolas dende o ano 2007, pero amosa que os obxectivos establecidos na Agenda Digital para España, para o ano 2015, aínda están lonxe de acadarse.

Tipo de contido: Novas

Na seguinte infografía, elaborada por Telefónica, poden coñecerse os elementos básicos do funcionamento do M2M (máquina a máquina), así como as vantaxes, o nivel de implantación e as perspectivas de futuro desta nova tendencia tecnolóxica.
 
 

Tipo de contido: Novas