Buscador

O estudo “TIC y Mayores, conectados al futuro”, publicado pola Fundación Vodafone, trata de efectuar unha proxección de cómo será a relación dos maiores coa tecnoloxía dentro de 8 anos. Coa finalidade de acadar este obxectivo, o estudo cuantifica a potencialidade actual dos usuarios de telefonía móbil e Internet.

Tipo de contido: Novas

Eurostat publica o informe sobre o uso de Internet en fogares correspondente ao ano 2012, onde destaca a evolución positiva dos indicadores de accesibilidade móbil e de conectividade a través de banda larga nos 27 Estados membros da Unión Europea.

Tipo de contido: Novas

Santiago, 11 de novembro de 2012 .- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) asinaron un convenio de colaboración para optimizar a recollida dos datos relativos á Sociedade da Información nos fogares e nas empresas de Galicia.
Ata agora era o Observatorio para a Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Amtega, o que recompilaba estes datos realizando as súas propias enquisas sobre a penetración e a evolución das TIC en fogares e empresas da Comunidade.

Tipo de contido: Novas

O estudo informa que o 60,8% dos usuarios de telefonía móbil utiliza un smartphone, o que supón máis de 4 puntos de incremento en relación ao trimestre anterior (56,2%) no conxunto do Estado. Dos cales un 90,1% ten a posibilidade de conectarse en rede por Bluetooth, o 73,2% pode conectarse a Internet e o 69% con Wi-fi.

Tipo de contido: Novas

Santiago, 12 de novembro de 2012.-  A práctica totalidade das empresas galegas de 10 ou máis traballadores e tres de cada catro microempresas dispoñen de conexión a Internet contratada. Este último segmento empresarial experimentou un crecemento do 17,6% no período 2010-2012, evolucionando dunha porcentaxe do 63,8% no ano 2010 ao 75%  en 2012. En ambos casos o crecemento supera a media estatal  e é especialmente significativo no caso das microempresas, está dez puntos pro riba do ao conxunto do Estado.

Tipo de contido: Novas

Santiago, 28 de decembro de 2012.-  O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), presenta unha edición actualizada do Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia, incluído no IV Plan Galego de Estatística 2012- 2016 da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de contido: Novas

O estudo realizado dende PortaProgramas, cuxos datos xa están dispoñibles, superou este ano os 5.000 participantes procedentes de ata 35 países de fala hispana o que supón unha excelente participación, algo máis do dobre que o ano pasado.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Telefónica vén de presentar o seu 12º informe anual sobre “La Sociedad de la Información en España 2011”. Este informe é un dos estudos de referencia no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A Xunta de Galicia colabora, un ano máis, a través do OSIMGA, realizando un diagnóstico da realidade dixital de Galicia que examina os seus indicadores e proxectos máis relevantes.

Tipo de contido: Novas

INTECO publica a “Guía para empresas: identidade dixital e reputación online” co obxectivo de mostrar os principais aspectos relacionados coa privacidade e a seguridade na Internet, de cara unha mellor xestión da identidade dixital corporativa das pequenas e medianas empresas españolas.

A guía achega diferentes recomendacións para optimizar a información das empresas na Internet, na procura de crear un perfil seguro no web 2.0 que sexa acorde coa imaxe e coa política da empresa.

Tipo de contido: Novas

Santiago | 19/11/12. No período 2010-2012, duplicouse a porcentaxe de microempresas con velocidade superior a 10 Mbps e aumentou un 33,6% nas empresas de 10 e máis empregados. Son datos que se recollen no informe temático “Indicadores de Banda Larga”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Este estudo amplía os datos incluídos no “Diagnóstico ás Empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia.

Tipo de contido: Novas