Buscador

IAB Spain publica a segunda edición do informe “Inversión en Comunicación Dixital” correspondente ao ano 2012.
As empresas consultadas por IAB Spain e Grupo Consultores manifestaron que no ano 2012 decidiron incrementar o seu nivel de investimento en comunicación dixital para ter unha maior visibilidade no mercado.

Tipo de contido: Novas

A revista Hosteltur faise eco das principais novidades tecnolóxicas vinculadas ao sector turístico, entre as que destaca a xeolocalización, o Big Data e a descarga de Apps para dispositivos móbiles.
 
Gráfica: Top 20 das aplicacións turísticas máis descargadas (en millóns). Fonte: Segitur.
 

Tipo de contido: Novas

ICT 2013 - Create, Connect, Grow
Podes seguir por streaming o evento europeo sobre TICs da Comisión Europea enfocado a Horizon 2020  o programa marco para a Investigación e Innovación no período 2014-2020.
Ligazón
 

Tipo de contido: Novas

O informe titulado “Study on assessing and promoting e-accessibility” analiza os indicadores de accesibilidade na web, a telefonía móbil e a televisión dos estados membros.
O resultado dos test de accesibilidade web en nove servizos públicos sitúa a España nos primeiros postos, con máis de 2 puntos por riba da media europea.
 

Tipo de contido: Novas

O contrato asinado entre a ICANN e a Asociación PuntoGal fixa que o dominio “.gal” nace para servir á comunidade lingüística e cultural galega, para que os usuarios usen ou se comprometan a usar o galego nas súas comunicacións en liña, promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede e dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a Galicia.

Tipo de contido: Novas

O Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (INTECO) presenta unha nova campaña de concienciación e actuación contra o ciberacoso infantil, enmarcada na Agenda Digital para España.
Esta campaña social inclúe a publicación da “Guía de actuación ante o ciberacoso”, complementada con tres guías S.O.S. monográficas, con consellos prácticos para combater o acoso infantil e o acoso entre menores a través de Internet.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Vodafone España publica un informe sobre o acceso e uso das TIC polas persoas con discapacidade, con especial atención ao uso da telefonía móbil e Internet.
As principais conclusións da enquisa, realizada a persoas con algún tipo de discapacidade visual, auditiva ou de mobilidade, confirman que a incorporación das TIC ao entorno de traballo favorece a súa inserción laboral, unha mellor calidade de vida e maior autonomía persoal.

Tipo de contido: Novas

O boletín publicado pola Comisión Europea en materia de emprego, asuntos sociais e inclusión dedica un apartado especial ao emprego no sector TIC. Véxanse as páxinas 21 a 25 do European Vacancy Monitor (EVM nº11)

Tipo de contido: Novas

ONTSI publica o informe “Las TIC en los hogares españoles. Estudio de demanda y uso de Servicios de Telecomunicaciones y Sociedad de la Información”, que compila os datos obtidos no Panel de Fogares durante os últimos oito anos.
A evolución do consumo en TIC nos fogares foi positiva dende o ano 2004, a pesar das flutuacións na economía. Deste xeito, incrementouse nun 33,2% o gasto en servizos TIC ata acadar os 3.155 millóns de euros no ano 2012.
 
Imaxe: Gasto total en servizos TIC 2004 – 2012 (en millóns de €)
 

Tipo de contido: Novas

ONTSI presenta o Estudo Anual sobre Comercio Electrónico B2C, correspondente á edición 2013.
O comercio electrónico “Business-to-Consumer” (B2C) continúa medrando no conxunto do Estado e acada o 12.383 millóns de euros no 2012, incrementando un 13,4% dende o ano anterior e duplicando o importe acadado no ano 2006.

Tipo de contido: Novas