Buscador

A Comisión pretende reforzar a interoperabilidade no ámbito sanitario europeo, no marco da Europe 2020 Strategy, a Digital Agenda for Europe e o European eHealth Interoperability Framework (EIF). Con esta finalidade presenta un estudo que recolle as principais achegas realizadas por diferentes mesas de traballo derivadas do proxecto Healthcare Interoperability Testing and Conformance Harmonization (HITCH).
http://hitch-project.eu/sites/www.hitch-project.eu/files/HITCH-Roadmap-V1.1.pdf

Tipo de contido: Novas

A OCDE estima que o nivel de penetración da fibra óptica segue aumentando e faino a un ritmo superior ao mercado da banda larga fixa.
Os datos correspondentes a decembro de 2012 mostran un incremento anual do 12,7% na contratación de fibra óptica, que acada os 48,7 millóns de liñas. Un crecemento catro veces superior ao da banda larga fixa, que incrementou un 3,27% no ano 2012.
 

 

Tipo de contido: Novas

IE Business School presenta o “Mapa do emprendemento en España”, elaborado a partir dunha mostra de máis de 2.000 proxectos presentados na Startup Competition 2013. http://www.spain-startup.com/startup-competition-2013/
Entre as principais conclusións do estudo identifícase que Internet é o sector de actividade cun maior número de emprendedores, debido ao volume dos novos modelos de negocio na Rede e ás facilidades na comercialización dos servizos web.

 
 

 

Tipo de contido: Novas

A Online Business School (OBS) compila os datos facilitados por diferentes entidades e institucións para elaborar o informe sobre o “Uso das Tecnoloxías de Información e Comunicación nos fogares 2013”.
Entre as principais achegas do informe da OBS destaca o incremento da telefonía intelixente, que xa concentra o 81% das novas adquisicións de móbiles no mercado estatal.
A nivel autonómico, Galicia sitúase no posto número 12 da clasificación estatal no uso de Internet dende o fogar nos últimos tres meses do ano 2012, cun nivel de penetración do 63,5%.
 

Tipo de contido: Novas

O informe xeográfico elaborado pola CMT inclúe datos actualizados sobre a evolución do mercado de banda larga a nivel estatal e municipal, correspondentes a decembro de 2012.
As conexións activas de banda larga en redes fixas acadaron os 11,52 millóns de liñas, o que supón un incremento anual do 3,2%. O nivel de penetración situouse nas 24,9 liñas por cada 100 habitantes, cun aumento inferior a unha liña por cada 100 habitantes en relación ao ano anterior.

Tipo de contido: Novas

O Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da entidade pública Red.es, achega os datos correspondentes ao rexistro de dominios “.es” no primeiro semestre do ano 2013.
Red.es afirma que en xuño deste ano estaban rexistrados máis de 72.000 dominios “.es”, o que supón un incremento do 67,8% dende o ano 2009, cando contabilizaban 43.199 rexistros fronte aos 72.490 actuais.
Los dominios “.es” rexistrados en Galicia supoñen o 5% do total contabilizado no conxunto do Estado, que a finais de xuño de 2013 acadaba 1,4 millóns de rexistros.

Tipo de contido: Novas

A fenda dixital de xénero no uso de Internet en Galicia sitúase en 3,9 puntos fronte aos 5,2 da media estatal. Así, en Galicia, un 55,5% das mulleres e un 59,4% dos homes fixo uso de Internet nos últimos tres meses.
No período 2008-2012 a porcentaxe de mulleres galegas que utilizan Internet incrementouse  máis de 11 puntos porcentuais, permitindo reducir a diferenza no uso de Internet entre homes e mulleres en 2,6 puntos respecto ao ano 2008. A nivel estatal, a diminución da fenda foi de 2,7 puntos  durante estes catro anos.

Tipo de contido: Novas

A Comisión Nacional do Merado das Telecomunicacións (CMT) fixo público o seu informe anual correspondente a 2012, no que inclúen o mapa de cobertura 3G en España, tecnoloxía que mellorou moito en penetración en toda a xeografía española, chegando de media ao 97,9% da poboación, aínda que é especialmente rechamante que a provincia galego de Ourense conseguise quedar na segunda posición do Estado co 99,9% de cobertura, só por detrás de Palencia (100%).

Tipo de contido: Novas

O informe “El sistema de patentes 2013”, publicado pola Online Business School (OBS), analiza as tendencias dos diferentes tipos de solicitudes de patentes que se realizan en España, Europa e as principais economías mundiais.
O Sistema de Patentes Internacionais baseado no “Tratado de Cooperación en materia de Patentes” (PCT) mostra que as solicitudes de patentes manteñen unha tendencia á alza.

Tipo de contido: Novas

SERES achega un novo informe sobre a facturación electrónica nas empresas de todas as Comunidades Autónomas, titulado “Comparativa de facturación electrónica en España 2009 – 2012”.
No ano 2012 identifícase unha concentración do uso da e-factura nas empresas de Cataluña e a Comunidade de Madrid, así como unha redistribución porcentual do volume de empresas que emiten e reciben facturas electrónicas no conxunto do Estado dende o ano 2009.

Tipo de contido: Novas