Buscador

O estudo “Developing Key Competences at School in Europe”, elaborado pola rede Eurydice, insta aos Estados membros a prestar unha maior atención aos coñecementos TIC dos alumnos, a preparar futuros emprendedores e a mellorar as competencias dixitais nos centros de ensino públicos e privados.

 A Comisión Europea estima que en España incrementouse a media de uso de ordenadores nos centros de primaria, educación secundaria e FP. Un 52% dos alumnos con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos recoñece que utiliza o ordenador na escola e o 72,3% faino no seu fogar.

Tipo de contido: Novas

O “Informe e-commerce” do segundo trimestre de 2012 publicado pola CMT recoñece que o volume de facturación do comercio electrónico acadou os 2.640,8 millóns de euros no conxunto do Estado, o que supón un incremento dun 13,7% en relación ao mesmo período do 2011. Contabilizáronse 36,7 millóns de transaccións mediante tarxeta de crédito, cun crecemento interanual do 17%.

Tipo de contido: Novas

O OSIMGA recolle no informe “A Sociedade da Información nas empresas de Galicia”, correspondente ao ano 2012, os indicadores sobre o uso da sinatura dixital e a seguridade informática.

O emprego da sinatura dixital nas microempresas sitúase por riba do 20% en todas as provincias e, practicamente, por riba do 60% nas de 10 e máis traballadores/as. O seu uso increméntase, en termos xerais, a medida que aumenta o número de empregados/as. En relación ao ano 2010 o incremento situouse no 7,1% nas empresas de 10 e máis traballadores e no 3,1 nas microempresas.

Tipo de contido: Novas

O ONTSI presenta o “Informe Anual dos Contidos Dixitais en España 2011” (Edición 2012), que mostra os principais datos de facturación dunha actividade que agrupa o sector dos videoxogos, a música, o cine e o vídeo, o audiovisual, as publicacións e a publicidade dixital.

No ano 2011 a industria dos contidos dixitais reduciu un 4,2% a súa facturación en relación ao exercicio anterior, acadando os 8.553 millóns de euros segundo indican fontes do ONTSI.

Tipo de contido: Novas

INTECO analiza a percepción dos usuarios sobre a privacidade dos seus datos persoais nas redes sociais e nos buscadores da Internet.

O estudo destaca que o 87,2% dos enquisados dispoñen dun perfil nas redes sociais. No 91,8% dos casos son mulleres e no 83% homes, o que contrasta coa existencia dunha fenda dixital de xénero noutros ámbitos da Sociedade da Información. O colectivo que utiliza con maior intensidade este tipo de plataformas é a mocidade, un 95,4% dos mozos e mozas de entre 15 e 24 anos teñen un perfil nalgunha rede social.

Tipo de contido: Novas

O estudo “Medición de la Sociedad de la Información” publicado pola Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT) identifica un crecemento internacional constante do sector das TIC e de todos os indicadores clave da Sociedade da Información no período 2010 – 2011, agás na telefonía fixa que reduce sensiblemente o seu nivel de penetración ata o 15,7%.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) presentou o Informe Anual do Sector TIC e dos Contidos, co obxectivo de coñecer a situación actual e a evolución das principais características estruturais e económicas do sector no conxunto do Estado no ano 2011. O informe presenta indicadores da fabricación de produtos tecnolóxicos, a comercialización, as actividades informáticas, as telecomunicacións e os contidos a partir dunha enquisa realizada a 2.420 empresas españolas.

Tipo de contido: Novas

Eurostat publica un informe sobre o uso das TIC nas empresas de 10 ou máis traballadores nos 27 Estados membros da Unión Europea no 2012. Os indicadores analizados son a accesibilidade a Internet, as conexións a través de banda larga, a dispoñibilidade de páxina web e de aparatos portátiles para conexión móbil.

Tipo de contido: Novas

Eurostat publica o informe sobre o uso de Internet en fogares correspondente ao ano 2012, onde destaca a evolución positiva dos indicadores de accesibilidade móbil e de conectividade a través de banda larga nos 27 Estados membros da Unión Europea.

Tipo de contido: Novas

O estudo informa que o 60,8% dos usuarios de telefonía móbil utiliza un smartphone, o que supón máis de 4 puntos de incremento en relación ao trimestre anterior (56,2%) no conxunto do Estado. Dos cales un 90,1% ten a posibilidade de conectarse en rede por Bluetooth, o 73,2% pode conectarse a Internet e o 69% con Wi-fi.

Tipo de contido: Novas