Buscador

No contexto da estratexia Europa 2020 establécense as prioridades no ámbito científico e tecnolóxico, co obxectivo de crecer e mellorar a competitividade mediante a incorporación das TIC á investigación e ao intercambio do coñecemento.
A colaboración, a creatividade e a reutilización da información son algúns dos factores clave recollidos no informe “Digital Science in Horizon 2020”, que sitúa Internet e os recursos dixitais no centro das políticas de crecemento da Unión Europea.

Tipo de contido: Novas

A 38ª Oleada do panel de fogares “Las TIC en los hogares españoles”, publicada polo ONTSI, estima que no cuarto trimestre de 2012 o gasto realizado en servizos TIC polos fogares no conxunto do Estado acadou os 3.155 millóns de euros.
Isto supón un descenso interanual do 4,8% no gasto TIC nos fogares, debido principalmente á diminución do gasto en telefonía fixa e móbil, que rexistraron unha caída do 9,1% e o 5,9% respectivamente.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Telefónica e a Fundación Encuentro publican “Los jóvenes en la era de la hiperconectividad: tendencias, claves y miradas”.
O estudo describe un novo escenario tecnolóxico caracterizado polo uso do smartphone, as redes sociais e a mensaxería instantánea, nomeadamente o WhatsApp, por parte da mocidade. O principal obxecto de análise céntrase nas consecuencias da hiperconectividade, derivada dun uso xeralizado da tecnoloxía por parte da mocidade, que modifica os hábitos sociais e condiciona a forma de relacionarse con outras persoas e a súa formación educativa.

Tipo de contido: Novas

Segundo o compromiso de información expresados na elaboración da Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, no documento anexo preséntase  o informe anual de actividades relacionadas coas distintas liñas estratéxicas que a compoñen, así como datos de indicadores de avance da sociedade de información en Galicia, dos orzamentos investidos, etc. En resumo, un documento onde atopar toda a actividade da Xunta de Galicia no ano 2012 en relación co desenvolvemento da Axenda Dixital, os seus plans e programas, así como dos resultados acadados.

Tipo de contido: Novas

A Fundación Centro Nacional de Tecnologías de la Accesibilidad (CENTAC) presenta o informe titulado “Eficiencia e aforro coa aplicación das tecnoloxías accesibles nas Administracións Públicas” coa finalidade de mostrar os beneficios do investimento nas TIC accesibles en diferentes ámbitos da xestión pública.

Tipo de contido: Novas

A representatividade das mulleres nas áreas de dirección das empresas galegas sitúase por debaixo do 30% e concentran a súa actividade maioritariamente en actividades administrativas, tamén no caso das empresas tecnolóxicas. É unha das principais conclusións do primeiro informe “A incorporación das Mulleres Tecnólogas ao mercado laboral en Galicia. As Mulleres na Sociedade da Información”.

Tipo de contido: Novas

A plataforma de empresas TIC para a mellora da eficiencia enerxética (enerTIC), publica unha listaxe de empresas asociadas que ofrecen solucións en diferentes áreas tecnolóxicas, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento do potencial de transformación das TIC no ámbito da eficiencia enerxética no conxunto do Estado, en favor dunha economía máis competitiva e sostible acorde cos obxectivos da estratexia europea Energy 2020 no marco da Axenda Dixital para Europa.

Tipo de contido: Novas

A CMT informa que no ano 2012 o comercio electrónico acadou unha facturación de 10.455 millóns de euros en España, un 13,6% superior á rexistrada no ano 2011 (con 9.201 millóns de euros). Así mesmo, realizáronse 151,6 millóns de compras a través de Internet mediante tarxeta de crédito ou débito, o que supuxo un incremento do 15,7% en relación ao ano anterior.

Tipo de contido: Novas

O tipo de hábitat inflúe de xeito determinante na contratación de internet nos fogares galegos que medra na mesma proporción que o fai o número de habitantes dos concellos ata acadar un 66.9% nos municipios de máis de 50.000 habitantes nos 7 concellos con maior poboación de Galicia a contratación de internet supera amplamente a media galega. Son conclusións do estudo sobre o uso das tecnoloxías de información e comunicación de Galicia, publicado polo OSIMGA.

Para ver o informe completo
 

Tipo de contido: Novas