Buscador

O Observatorio de Accesibilidad Web publica unha guía práctica para xestionar a aplicación do novo estándar UNE 139803:2012, equivalente ás WCAG 2.0, orientado a mellorar a calidade e o nivel de accesibilidade das páxinas web das administracións públicas.
 
Imaxe: Logotipos de conformidade coas WCAG 2.0: A, AA e AAA.
A guía recolle os requisitos desta norma, así como os cambios en relación á certificación UNE 139803 do ano 2004 no tocante ás prioridades e aos niveis de conformidade.

Tipo de contido: Novas

A Broadband Commission for Digital Development publica un manifesto internacional que defende a necesidade de buscar un maior equilibrio territorial na expansión das conexións de Banda Larga.  
O manifesto recolle un compromiso global, perante a necesidade de facilitar a accesibilidade a Internet e reducir o prezo das conexións de Banda Larga, para fomentar o crecemento sostible e a igualdade de oportunidades.

Tipo de contido: Novas

A Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) publica os datos correspondentes á Audiencia de Internet no Estudio General de Medios de outubro e novembro de 2013.
No conxunto do Estado estímase que o 66,5% da poboación conectouse a Internet durante o último mes, o que supón 5 puntos máis que no mesmo período de 2012.

Tipo de contido: Novas

As mulleres representan o 37,5% do total de traballadores do sector TIC galego, superando a media europea, que se sitúa por baixo do 36%. En termos de evolución, a porcentaxe de mulleres empregadas no sector TIC de Galicia mantense estable nos tres últimos anos, aínda que cunha fenda de 25 puntos porcentuais entre os homes e as mulleres

Tipo de contido: Novas

O estudo titulado “Analysis of cloud best practices and pilots for the public sector” achega unha relación de casos prácticos desenvolvidos por dez Estados membros da Unión Europea en materia de “cloud computing”.
A Comisión destaca o funcionamento da Red SARA, á que están adheridas a Xunta de Galicia e as entidades locais do Estado.

Tipo de contido: Novas

A reserva de viaxes e aloxamento a través de Internet afiánzanse como os produtos máis demandados no comercio electrónico, segundo informaba recentemente o  ONTSI no estudo anual sobre B2C.
A Asociación de Internautas destaca agora que no sector turístico están a producirse cambios importantes na preferencia polas reservas en liña. Se ben o 63% dos internautas realiza a compra de voos ou viaxes a través da Rede, só un 11% confía en intermediarios para reservar billetes aéreos.

Tipo de contido: Novas

A Comisión Europea destaca o nivel de cobertura de Banda Larga acadado en España no ano 2012. O informe titulado “Broadband coverage in Europe in 2012: Mapping progress towards the coverage objectives of the Digital Agenda”, achega unha cartografía a escala provincial (NUTS3) para monitorizar o cumprimento dos obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa no horizonte 2020.
O conxunto do Estado supera en dous puntos porcentuais a media europea de cobertura de Banda Larga fixa, co 97,6% estatal en relación ao 95,5% europeo.

Tipo de contido: Novas

O informe IPSOS Socialogue mostra o nivel de uso de aplicacións electrónicas no ámbito da saúde e da mellora física en 27 países de todo o mundo.
No conxunto do Estado, un 26% dos usuarios consultados afirma que o persoal sanitario recomendoulle a utilización de aplicacións electrónicas para realizar o seguimento da súa saúde. As diferenzas de xénero son mínimas, cun 28% de homes en relación ao 25% de mulleres.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información (ONTSI) publica un informe sobre o Sector das Tecnoloxías da Información, as Comunicacións e os Contidos no conxunto do Estado nos anos 2011 e 2012.
As empresas TIC e dos contidos analizadas polo ONTSI reduciron un 8,7% o seu volume de facturación interanual, que no ano 2012 acadou os 91.970 millóns de euros. Por separado, o sector TIC experimentou un retroceso na facturación inferior ao dos contidos, cun descenso do 8,5% e o 9,9% cada un en relación ao ano 2011.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), presenta unha edición actualizada do Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia, incluído no IV Plan Galego de Estatística 2012- 2016 da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este conxunto de indicadores estatísticos permite monitorizar, dun xeito sintético, rigoroso e transparente, a evolución da Sociedade da Información en Galicia, ofrecendo unha visión de conxunto da situación e do seu grao de avance.

Tipo de contido: Novas