Buscador

A Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) e aulaPlaneta presentan o estudo “A integración das TIC e os libros dixitais na educación”, que analiza a dotación de recursos tecnolóxicos nos centros educativos e a actitude do profesorado no uso das TIC e dos libros de texto en formato dixital.
A integración da tecnoloxía nas aulas de Primaria e Secundaria, así como os seus efectos no modelo educativo está valorada dun xeito positivo polos docentes. Un 27% do profesorado utiliza recursos tecnolóxicos en máis do 25% das clases impartidas.

Tipo de contido: Novas

A Comisión Europea publica o “Eurostat Regional Yearbook 2013”, no que facilita un resumo da cartografía elaborada no ámbito da Sociedade da Información.
No capítulo correspondente a esta temática, mostra o resultado dos indicadores das unidades rexionais NUTS-2, onde figura Galicia e as demais Comunidades Autónomas.

Tipo de contido: Novas

EUROSTAT publica novos datos sobre o comercio electrónico na Unión Europea, correspondentes ao ano 2012.
Un 75% dos cidadáns europeos con idades comprendidas entre os 16 e os 74 anos utilizaron Internet nos últimos doce meses, dos cales un 59% adquiriron bens ou servizos na Rede.
A media española neste indicador comercial sitúase no 43%, o que supón 16 puntos menos que a media europea, pero incrementa en termos xerais no período 2008 – 2012.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Cetelem realiza unha análise do consumo no sector dos electrodomésticos e a tecnoloxía en España no ano 2013. Un sector que lidera a tipoloxía de produtos adquiridos no conxunto do Estado e que mantén o pulso á baixada do consumo en todos os sectores de actividade.

Tipo de contido: Novas

A Online Business School (OBS) presenta o estudo “Tecnologías de la Información en la empresa 2013” que compila os datos do INE, ONTSI e EUROSTAT sobre o nivel de implantación das TIC nas empresas en España.
Entre as principais conclusións destaca unha maior aposta das entidades privadas polo teletraballo, que incrementou 20 puntos porcentuais durante a última década.
No ano 2013 estímase que un 27% das empresas do conxunto estatal ofreceron aos seus empregados a posibilidade de realizar teletraballo, como método para mellorar a súa organización e a produtividade.
 

Tipo de contido: Novas

A convivencia tanto con nenos en idade escolar obrigatoria como con estudantes maiores de 16 determina un penetración de servizos TIC significativamente superior á media. É a principal conclusión do estudo temático “Os mozos e as TIC”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Tipo de contido: Novas

A porcentaxe de fogares galegos con conexión á Internet nos concellos de poboación de 50.000 a 100.000 habitantes é do 80,2%, superando a media estatal en 8,9 puntos. A porcentaxe de contratación de á banda larga nestes municipios creceu máis dun 10% respecto a 2012. É un dos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2013 e que pon de manifesto que o hábitat poboacional segue a ser un dos factores que determinan claramente a fenda dixital existente en Galicia.

Tipo de contido: Novas

O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) publicou as táboas de datos facilitadas polo INE e a CMT neste ámbito para o ano 2012.
Nas empresas galegas rexistrouse unha evolución positiva nos principais indicadores da Sociedade da Información dende o ano 2008, o que permite acadar cotas próximas ao 100% no nivel de penetración de ordenadores, telefonía móbil, Internet e Banda Larga nas empresas. A presenza na web, o uso de software libre e do comercio electrónico tamén rexistraron datos moi positivos nos últimos cinco anos.

Tipo de contido: Novas

A Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) publica o Anuario 2013 das artes escénicas, musicais e audiovisuais.
A SGAE dedica un ano máis un capítulo cos principais indicadores TIC nos fogares e nas empresas das Comunidades Autónomas, no conxunto do Estado e na Unión Europea. O equipamento tecnolóxico e o tipo de actividades realizadas polos usuarios de Internet repercuten directamente no consumo de contidos dixitais nas industrias culturais.

Tipo de contido: Novas

Os datos achegados pola Unión Europea, no marco da Axenda Dixital para Europa e do obxectivo “Broadbrand for all” para o ano 2013, recoñecen que a cobertura de banda larga fixa acada o 96,1% e a móbil o 99,4% da poboación europea.

Tipo de contido: Novas