As universidades galegas reforzan o seu compromiso coa difusión do software libre

Data: 
20/05/2013

o Ranking de Universidades en Solftware Libre (RuSL), elaborado polo Portal Programas, mostra o compromiso das tres universidades galegas coa difusión do software libre a través de 67 indicadores clave.
A Universidade da Coruña (UDC) sitúase na terceira posición nun total de 72 universidades analizadas no conxunto do Estado. Destaca fundamentalmente nos indicadores relacionados coa divulgación do software libre e o seu uso a nivel institucional.
Pode verse o resultado da UDC na seguinte ligazón:
http://www.portalprogramas.com/software-libre/ranking-universidades/UDC
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ocupa a sexta posición, pero sitúase de primeira a nivel estatal nos indicadores relacionadas coa axuda na asesoría ás administracións públicas e empresas no uso do software libre, así como nos equipamentos e sistemas de xestión interna.
Pode verse o resultado da USC na seguinte ligazón:
http://www.portalprogramas.com/software-libre/ranking-universidades/USC
A Universidade de Vigo (UVIGO) sitúase na novena posición, ocupando o primeiro posto a nivel estatal nos indicadores asociados ao peso do software libre na xestión administrativa, nas becas e nos orzamentos das áreas informáticas.
Pode verse o resultado da UVIGO na seguinte ligazón:
http://www.portalprogramas.com/software-libre/ranking-universidades/UV