A Unión Europea crea un Observatorio en liña para os mercados da pesca e a acuicultura (EUMOFA)

Data: 
26/04/2013

O European Market Observatory for fisheries and aquaculture product (EUMOFA) ofrecerá datos actualizados en Internet sobre o volume, prezos e valor dos produtos do mar ao longo de toda a cadea de produción e comercialización, dende que chegan a porto ata que son comercializados nos postos de venda dos mercados.
EUMOFA nace co obxectivo de fomentar o uso sostible dos recursos mariños no ámbito económico, social e medioambiental. Neste senso, mostraranse as tendencias e as boas prácticas no mercado pesqueiro en tempo real e con información fiable.
A información dispoñible no EUMOFA terá carácter europeo e local, recollerá os datos sobre exportacións - importacións e hábitos de consumo, centralizando a información xerada polas entidades públicas e as axencias europeas.
Máis información en:
 http://ec.europa.eu/fisheries/market-observatory
Pódese consultar o boletín electrónico correspondente ao mes de febreiro de 2013 na seguinte ligazón.