Últimos datos da UIT sobre a penetración mundial das TIC

Data: 
19/09/2011

Segundo os novos datos publicados a semana pasada no Informe anual da UIT sobre o TIC "Medición da sociedade da información 2011", a República de Corea é a economía TIC máis avanzada do mundo, seguida por Suecia, Islandia, Dinamarca e Finlandia.

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O Informe inclúe o interesante Índice de Desenvolvemento do TIC (IDI), que clasifica a 152 países en función do seu nivel de acceso, utilización e coñecemento das TIC, e compara as cifras de 2008 e de 2010. O IDI combina 11 indicadores nunha soa medición que se pode utilizar como referencia mundial, rexional e estatal, e para axudar a seguir o rastro da progresión das TIC no tempo. Mide o acceso, a utilización e os coñecementos en materia TIC, e comprende indicadores como a contratación de telefonía móbil, fogares que dispoñen dun computador, contratación de Internet de banda larga fixa e móbil, e taxas de alfabetización básicas. Por primeira vez este ano, o subíndice "utilización das TIC" aumentou máis que o subíndice "acceso ás TIC", síntoma de que moitos países chegaron ao seu nivel de saturación no que respecta á infraestrutura TIC básica e estanse a converter en usuarios activos das TIC.
 Cabe salientar que todos os países que figuran no IDI melloraron os seus resultados este ano, o que pon de manifesto, segundo a UIT, a omnipresencia das TIC no mundo. A maioría dos países que encabezan a lista están en Europa e Asia-Pacífico. Os Emiratos Árabes Unidos e Rusia encabezan as súas respectivas rexións e Uruguai é primeiro en Sudamérica. Arabia Saudita, Marrocos, Vietnam e Rusia foron algúns dos países máis dinámicos entre 2008 e 2010, xa que todos eles progresaron considerablemente no IDI.
 
Os servizos móbiles xa son ubicuos

A propagación das redes móbiles nos países en desenvolvemento segue a ser boiante, con 20% de crecemento na contratación de móbiles durante o último ano.

Nos países en desenvolvemento, en cambio, a penetración do teléfono móbil chegou ao seu punto de saturación, cunha penetración media de máis de 100% a finais de 2010, en comparación con 70% nos países en desenvolvemento. Con máis de 5 000 millóns de subscricións e unha cobertura de máis do 90% da poboación mundial, os servizos móbiles celulares son efectivamente ubicuos.

Os servizos móbiles de banda larga ("3G") tamén se están a estender rapidamente. A finais de 2010, 154 economías de todo o mundo lanzaran as redes 3G. O acceso sen fíos a Internet de banda larga segue a ser o sector de maior crecemento nos países en desenvolvemento, onde a banda larga móbil medrou 160% entre 2009 e 2010.
Os países que rexistran a maior progresión no subíndice "Utilización das TIC" do IDI son esencialmente os que lograron un aumento notable das subscricións á banda larga móbil.

En cambio, o número de subscricións a Internet por conexión telefónica diminúe rapidamente desde 2007 e, segundo as tendencias actuais, espérase que a "morte da conexión telefónica" tome realidade nos próximos anos.
 
Máis asequible

Os servizos de telecomunicacións e de Internet están a volverse xeralmente máis asequíbeis. Segundo a Cesta de prezos do TIC (IPB) 2010, que abarca 165 economías e combina o custo medio dos servizos de telefonía fixa, móbiles e Internet de banda larga fixa, o prezo dos servizos TIC diminuíu 18% no mundo entre 2008 e 2010, e a maior diminución observouse nos servizos Internet de banda larga fixa, cuxos prezos medios baixaron un 52%.

Todas as economías que figuran entre o dez primeiras da IPB teñen unha RNB por habitante elevada e, con excepción dos Emiratos Árabes Unidos, todas están en Europa e Asia-Pacífico. Nos países desenvolvidos, os prezos medios dos servizos TIC corresponden a non máis de 1,5% dos ingresos mensuais por habitante, en comparación co 17% nos países en desenvolvemento mais, a pesar de que os prezos da banda larga diminuíron moitísimo en todo o mundo, unha conexión Internet de alta velocidade segue a ser inalcanzable en moitos países pobres. En África, a finais de 2010 o custo dos servizos fixos de banda larga representaban en media o equivalente de 290% do ingreso mensual, menos que os 650% de 2008.
 
Grandes diferenzas de velocidade e calidade de servizo

No Informe tamén se observan grandes diferenzas de capacidade, velocidade e calidade das redes.O Informe sinala que a velocidade real que obteñen os clientes de servizos fixos e móbiles de banda larga é a miúdo moi inferior á velocidade anunciada, e pídese aos reguladores das TIC que tomen medidas para alentar ás operadoras a dar aos clientes unha información máis clara sobre a cobertura, a velocidade e os prezos.

No Informe tamén se sinalan importantes diferenzas cualitativas entre os servizos de banda larga fixos e móbiles. A velocidade media das conexións de banda larga móbiles non adoita corresponder á das conexións fixas de alta velocidade e adoitan comprender límites de datos, a diferenza das ofertas de banda larga fixas "sen límite de datos" que se xeneralizaron. Isto representa un reto para moitos países nos cales a tecnoloxía móbil é a única posibilidade de acceso á banda larga para os usuarios.

 
Coa mocidade pode mudar a situación

O organismo pertencente á ONU, afirma que “captar aos estudantes” pode ser a maneira máis eficaz de aumentar a utilización de Internet nos países en desenvolvemento. Aproximadamente 21% da poboación dos países en desenvolvemento utiliza Internet, en comparación con case o 70% nos países desenvolvidos.

No Informe Medición da sociedade da información 2011 considérase que os principais obstáculos á utilización de Internet non sempre son a infraestrutura e o prezo. As pautas de utilización mostran grandes diferenzas en relación coa educación, o xénero, os ingresos, a chegada e a localización xeográfica dos usuarios (zonas urbanas/rurais). Por exemplo, obsérvanse diferenzas mínimas da utilización de Internet entre persoas cultas e de altos ingresos nos países en desenvolvemento e desenvolvidos. As persoas con diplomas superiores utilizan máis Internet que as que seguiron estudos menos avanzados, e na maioría dos países hai máis homes que mulleres en liña.

Os mozos (menos de 25 anos) están en liña máis que os maiores, e os que aínda están na escola utilizan máis Internet que os que xa non estudan. Supondo que se siga utilizando Internet cando se está afeito estar en liña, é máis probable que os que están actualmente na escola ou universidade sigan utilizando Internet. Para os mozos de todo o mundo, as redes sociais e o contido creado polos usuarios, como os blogs, convertéronse en importantes motores da adopción de Internet.

Tendo en conta que o 46% da poboación dos países pobres ten menos de 25 anos (e representan máis de 2 500 millóns de persoas), segundo o Informe “una das maneiras máis eficaces de aumentar a utilización de Internet neses países sería captar á xeración máis nova” por exemplo conectando escolas e outras institucións docentes, e mellorando as taxas de conexión.