As TIC e a mellora da seguridade viaria centran a temática do Día de Internet

Data: 
14/05/2013

A Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e o Grupo de Colaboración das Nacións Unidas para a Seguridade Viaria (UNRSC) consideran que a distracción dos condutores, motivada polo tecleo e envío de mensaxes de texto ou a interacción cos  sistemas de navegación e comunicación nos vehículos, figuran entre os principais factores causantes de mortes e lesiones no tráfico por estrada.
A mellora da seguridade viaria é un reclamo de alcance mundial, que non só está ligado á prevención sanitaria, senón tamén á mellora da eficiencia na xestión do tráfico como mecanismo para minimizar os efectos do cambio climático. A sensibilidade internacional coa utilización das TIC nas estradas motivou que este ano o Día de Internet, celebrado anualmente o 17 de maio, asuma como temática principal o uso das TIC e a mellora na seguridade viaria.
Co motivo deste día mundial das telecomunicacións e da Sociedade da Información, o OSIMGA recomenda a consulta dos informes elaborados sobre o uso das TIC por parte dos autónomos e das pequenas e medianas empresas do sector do transporte e o almacenamento en Galicia, co obxectivo de realizar un chamamento ao uso responsable da tecnoloxía nas estradas e ás vantaxes da implantación dos mecanismos para a seguridade dos vehículos e dos pasaxeiros.
Véxase a análise sectorial nos seguintes informes:
A Sociedade da Información e os autónomos en Galicia 2012:
http://www.osimga.org/export/sites/osimga/gl/documentos/d/20130122_Informe_autonomos_2012.pdf
Enquisa a empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia 2012:
http://www.osimga.org/export/sites/osimga/gl/documentos/d/20121112_EnquisaEmpresas_Informe.pdf