A taxa de inserción laboral dos graduados en enxeñaría informática en Galicia sitúase no 93%

Data: 
04/07/2013

A Confederación de Directores y Decanos de Ingeniería Informática (CODDII) publica o informe “Empleabilidad 2013”, na procura de fortalecer os vínculos entre a formación académica e a incorporación ao mercado laboral dos estudantes das enxeñarías informáticas das Escolas e Facultades de Universidades do conxunto do Estado.
O informe analiza a porcentaxe de alumnos que traballaron durante o período de estudos, que sitúa no 55%, e os titulados empregados no período 2009 – 2012. Neste ámbito, a taxa de inserción laboral nas enxeñarías informáticas sitúase no 85,1%, pero varía en función das diferentes titulacións e das Comunidades Autónomas.
 
En Galicia, a porcentaxe media de titulados empregados neste período sitúase no 82,08% para o total das titulacións analizadas e no 87,1% no ámbito da Enxeñaría e das Enxeñarías Técnicas.   
A CODDII estima que a taxa de inserción laboral en Galicia sitúase no 79,6% no caso da Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas (ITIS), do 88,7% na Enxeñaría Informática (II) e do 93% no Grao en Enxeñaría Informática (GII).
Pode consultarse o informe na seguinte ligazón:
http://coddii.org/wp-content/uploads/2013/04/coddinforme-empleabilidad-2013.pdf