Redúcese un 4,8% o consumo de servizos TIC nos fogares

Data: 
23/05/2013

A 38ª Oleada do panel de fogares “Las TIC en los hogares españoles”, publicada polo ONTSI, estima que no cuarto trimestre de 2012 o gasto realizado en servizos TIC polos fogares no conxunto do Estado acadou os 3.155 millóns de euros.
Isto supón un descenso interanual do 4,8% no gasto TIC nos fogares, debido principalmente á diminución do gasto en telefonía fixa e móbil, que rexistraron unha caída do 9,1% e o 5,9% respectivamente.
Pola contra, identifícase un lixeiro incremento interanual no gasto en Internet (1,7%) e mantense nos mesmos valores o consumo na televisión de pago (0,7%).
Pode consultarse o informe e o resumo executivo na seguinte ligazón:
http://www.ontsi.red.es/ontsi/es/estudios-informes/xxxviii-oleada-del-panel-hogares-4t2012