A Rede come terreo ao consumo de televisión e radio nos fogares galegos

Data: 
17/09/2014

O Observatorio da Cultura Galega acode ao Estudio General de Medios (EGM) e aos diferentes anuarios das artes escénicas, musicais e audiovisuais (SGAE) para a elaboración do documento e a elaboración de táboas, gráficas e a elaboración de conclusións enfocadas a realidade galega.
Televisión

No tocante ao hábito de ver televisión, en 2010 - 2011 o 96,6% da poboación galega ve televisión e o 92,3% di que a ve todos os días. A porcentaxe dos que adoitan ver televisión diminuiu lixeiramente con respecto a 2006 -2007 (97,6%).

Nª de minutos dedicados a ver a televisión en Galicia

Ano

2009

2010

2011

2012

2013/14

Minutos

193

202

207

121

197

Fonte: SGAE: anuario das artes escénicas 2013 e Estudo Xeral de Medios /oct13-maio14)

A cadea de maior audiencia foi Tele5, seguida da TVG, Antena3 e TV1. O resto de televisións autonómicas e locais apeas suman un 1%. Ademais segundo os datos do anuario da SGAE de 2013, tamén permiten observar o perfil de audiencia da TVG por sexo, idade, clase social e hábitat. Así observase que en 2012 aumenta a porcentaxe de mulleres que ve a TVG, que supera o 58%, aumenta en audiencia o grupo de idade de máis de 65 anos, que supero o 46% do total,  a audiencia infantil e xuvenil é moi reducida e onde máis audiencia ten a TVG é nas vilas pequenas de menos de 10.000 habitantes.
 Radio

Un 61,38% dos galegos escoita a radio. Aínda que o número de oíntes se sitúa 2 puntos porcentuais por debaixo da media estatal, Galicia con case millón e medio (un 5,9% do total) ocupa a quinta posición respecto ao conxunto de ouvintes do Estado, pouco máis de 25 millóns en total.
En canto as características dos ointes, a variable idade inflúe de xeito notable no índice da audiencia radiofónica; os galegos máis xoves son os menos interesados por este medio, .a franxa de idade que menos escoita a radio é a comprendida entre os 14 e os 24 anos. A maior audiencia ven da man dos oíntes de entre 35 e 44 anos.
Equipamento

En Galicia un 99,7% da poboación dispón no fogar de equipamentos nos que pode ver televisión, a mesma porcentaxe ca no conxunto de España. Respecto aos equipamentos de son para escoitar radio, Galicia  está dous puntos por riba da media estatal,  93,% fronte a 91,3% aínda que diminuíndo ambos valores en relación a medicións anteriores.

No tocante á evolución de gasto medio por fogar en Galicia no subgrupo de gasto “Outros bens e servizos: soporte a rexistro de son, imaxe e datos”, obsérvase que se reduciu aproximadamente nun terzo entre 2008 e 2012, ata chegar á cifra de 20,6 millóns de euros.
Na gráfica móstrase a evolución do gasto medio por fogar neste concepto en Galicia en comparación co conxunto de España, no que a caída é sensiblemente menor. Este descenso é proporcionalmente maior ao conxunto do gasto de consumo cultural, que no mesmo período supón un -21% en Galicia e un -16% en España.