Publicado o atlas estatístico da Sociedade da Información para Europa

Data: 
14/10/2013

A Comisión Europea publica o “Eurostat Regional Yearbook 2013”, no que facilita un resumo da cartografía elaborada no ámbito da Sociedade da Información.
No capítulo correspondente a esta temática, mostra o resultado dos indicadores das unidades rexionais NUTS-2, onde figura Galicia e as demais Comunidades Autónomas.
Eurostat estima para o ano 2011 que un 53% dos fogares galegos dispoñía de conexión a Banda Larga contratada, situándose no grupo de rexións cun nivel de penetración do 50% ao 60%. Este feito estaría asociado á densidade demográfica e o grao de urbanización no que están situados os fogares. Así, as cidades e a súa contorna contan cun maior nivel de penetración da Banda Larga en relación ao ámbito rural.

O número medio de persoas que se conectaban a Internet unha vez á semana como mínimo situouse no 53%, cun nivel baixo neste indicador no contexto estatal para o ano 2011.
 
 No uso do comercio electrónico para fins persoais en Galicia, Eurostat estima que o indicador sobre a porcentaxe de persoas que adquiren bens ou servizos en Internet situouse no 23% no ano 2011, no mesmo intervalo que as demais Comunidades Autónomas (20%-35%) do Estado, agás a Rexión de Murcia.
 
Pode descargarse o capítulo sobre a Sociedade da Información na seguinte ligazón:
http://epp.eurostat.ec.europa.eu/cache/ITY_OFFPUB/KS-HA-13-001-08/EN/KS-HA-13-001-08-EN.PDF
Tamén pode accederse ao atlas interactivo en:
http://ec.europa.eu/eurostat/statistical-atlas/gis/viewer/