A OCDE actualiza os datos de contratación de banda larga do 2012

Data: 
23/07/2013

A OCDE estima que o nivel de penetración da fibra óptica segue aumentando e faino a un ritmo superior ao mercado da banda larga fixa.
Os datos correspondentes a decembro de 2012 mostran un incremento anual do 12,7% na contratación de fibra óptica, que acada os 48,7 millóns de liñas. Un crecemento catro veces superior ao da banda larga fixa, que incrementou un 3,27% no ano 2012.
 

 

Xapón e Corea lideran a clasificación internacional na contratación de fibra óptica, cun nivel de penetración superior ao 60% no total de banda larga fixa, e unha diferenza porcentual moi ampla en relación ao resto de países da OCDE. Nos mesmo termos, o nivel de penetración da fibra óptica en España está por debaixo do 5%.
Poden consultarse todos os datos na web da OCDE:
http://www.oecd.org/internet/broadband-statistics-update.htm
Tamén poden consultarse os últimos informes da FTTH Council Europe na seguinte ligazón:
http://www.ftthcouncil.eu