O OSIMGA amplía a súa presenza nas redes sociais

Data: 
20/01/2011

A incorporación do Observatorio a estas redes sociais forma parte da estratexia de difusión das iniciativas de modernización e innovación tecnolóxica da Xunta de Galicia. Coa integración das canles 2.0 dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica dáse un novo paso no camiño cara un modelo de administración aberta (Open Government), unha Administración na que priman as relacións cos cidadáns e o contacto directo con eles, facéndose máis transparente, participativa e colaborativa.
O obxectivo último destas medidas é mellorar e visibilizar a disposición das distintas ferramentas sociais do departamento autonómico, impulsando de maneira especial a presenza do Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia nas redes sociais, conforme ao acordo do primeiro Pleno do OSIMGA, celebrado o día 22 de marzo de 2010.
O OSIMGA conta na actualidade coas seguintes ferramentas 2.0: Delicious, Facebook, Issuu, Netvibes, Twitter.
Esta actuación forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia.