O mercado da banda larga pechou o ano cun incremento de liñas do 8,4%

Data: 
07/02/2011

O total de liñas de banda larga a 31 de decembro de 2010 situouse en 10,56 millóns, cunha penetración de 22,6 liñas por cada 100 habitantes, 1,5 puntos máis que en 2009. O crecemento da banda larga foi liderado polas operadoras alternativas, que incrementaron o seu parque total de liñas nun 20,9%, un ritmo superior ao do ano anterior (+18,4%) e moi por riba do de Telefónica (+3,8%) ou o cable (4,7%).

Telefonía móbil

A telefonía móbil sumou no último mes do exercicio anterior 404.534 novas liñas, unha das cifras máis altas en toda a historia e un 34,55% superior á de decembro de 2009. Delas, case 300.000 foron liñas de contrato. En 2010 o parque total de liñas móbiles medrou un 3,2% até acadar os 56,49 millóns de liñas, dos que 2,13 millóns foron liñas asociadas a máquinas (M2M nas súas siglas en inglés), que medraron o 15,25%.

Máximos históricos na portabilidade

O último mes de 2010 rexistrou un incremento substancial da portabilidade, tanto no fixo (voz e Internet) como no móbil. En decembro, 203.000 usuarios de telefonía fixa mudaron de operadora e 507.000 fixérono de compañía móbil.
Nota Mensual CMT (decembro 2010)
Máis información CMT blog