O INE publica os indicadores das empresas TIC a nivel estatal correspondentes ao ano 2011

Data: 
21/06/2013

O Instituto Nacional de Estadística (INE) achega as principais variables do sector TIC a nivel estatal.
No ano 2011 incrementou nun 1,9% o número de empresas do sector TIC e nun 0,8% o seu número de traballadores/as ocupados, pero o volume de negocio reduciuse un 3,3% en relación ao ano anterior, ao acadarse os 88.395,2 millóns de euros fronte aos 91.427 millóns do exercicio anterior.
O 40% das empresas do sector TIC realizaron actividades innovadoras durante o ano 2011. Neste ámbito, o número de empresas e o persoal do sector TIC dedicado a I+D incrementaron un 6% e un 3,8% respectivamente.
Pode consultarse a nota de prensa do INE na seguinte ligazón:
http://www.ine.es/prensa/np786.pdf